InicioTerra CháCastro de ReiA Deputación de Lugo adxudica as últimas obras para a posta en...

A Deputación de Lugo adxudica as últimas obras para a posta en marcha da residencia de maiores de Pol

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da deputación de Lugo, Darío Campos, anunciou este luns a adxudicación de “os últimos traballos” para a residencia de maiores de Pol.

Tras a xunta de goberno provincial, Campos informou de que estes traballos consisten na adaptación da cociña e do pavimento exterior. O prazo de execución será dun máximo dun mes, cunha consignación de 53.000 euros. Esta actuación enmárcase na rede de residencias para maiores que promove o goberno da Deputación.

De tal forma, trabállase “nos últimos trámites para a posta en marcha” do centro, situado no núcleo de Mosteiro, en Pol, n 36 prazas de residencia e 18 para centro de día. “O noso modelo de xestión contempla que as comidas se preparen no propio centro, por iso é necesario realizar as obras de adaptación na cociña existente dotando de equipamento e instalacións necesarias para poder ofertar este servizo”, explica.

Así, instalarase unha cociña de gas, forno de convención, módulos neutros, freidora e mesa central de emplatado en quente. Ademais, dotarase á cociña dun sistema de extracción, sistema de extinción de incendios e cámara de conxelación.

Tamén se contempla “o cambio de pavimento da beirarrúa perimetral, porque resulta moi esvaradío”, polo que será substituído o de PVC por un de formigón antiescorregadizo.

ACTUACIÓNS EN SEIS MUNICIPIOS

Por outra banda, Campos deu conta de actuacións en seis municipios da provincia con base na aplicación dos remanentes do Plan Único de 2018. Así as cousas, destinaranse máis de 208.000 euros a actuacións nos municipios de Castro de Rei, Cervantes, Cervo, Chantada, Rábade e Sober.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, pedirá por carta ao Ministerio de Transportes que...

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Un incendio nunhas instalacións agrarias mobiliza os servizos de emerxencias en Friol

Os servizos de emerxencias traballan a esta hora na extinción dun incendio nas instalacións...