Home Economía O BNG reclama a intervención da Xunta en Lugove ante o “incumprimento” do convenio colectivo

O BNG reclama a intervención da Xunta en Lugove ante o “incumprimento” do convenio colectivo

0
O BNG reclama a intervención da Xunta en Lugove ante o “incumprimento” do convenio colectivo
Imaxe da concentración de traballadores de Lugove.. BNG

O BNG urxiu á Xunta de Galicia que interveña en Lugove, empresa concesionaria do servizo galego de transporte público interurbano no Baixo Miño e no Val Miñor, ante o “continuo incumprimento” do convenio colectivo de transporte de viaxeiros de Pontevedra.

Nun comunicado, o deputado do Bloque no Parlamento galego Paulo Ríos, xunto coa portavoz municipal en Gondomar e deputada provincial Manuela Rodríguez, trasladaron o seu “total apoio” aos traballadores, despois de acompañarvos o pasado venres na folga.

Ríos lamentou que o Goberno autonómico, como titular do servizo, “non pode seguir facendo abandono de funcións” e “mirar para outro lado” xa que “tamén é responsable do incumprimento do contrato por parte da empresa”.

Un contrato que, a xuízo do BNG, naceu mal dimensionado, non só no que respecta ao cadro de persoal, senón tamén ás rutas e liñas.

“Eses problemas no deseño do plan de transporte do PP na Xunta, que o BNG sinalou desde a súa implantación e que os traballadores denuncian con esta folga, son os mesmos que están a provocar problemas de masificación de viaxeiros, como o denunciado estes días na liña de Baiona a Vigo”, insistiron, pedindo novamente á Xunta que interveña para resolver o conflito.

+ posts