InicioEconomíaNova liña de apoio ás razas autóctonas galegas desde a Vicepresidencia da...

Nova liña de apoio ás razas autóctonas galegas desde a Vicepresidencia da Deputación

O deputado Daniel García explicou que “ademais doutras problemáticas comúns ao sector, as ganderías destas razas autóctonas afrontan dificultades específicas polo reducido número de animais con estas características xenéticas e pola dispersión xeográfica das ganderías”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo reforza o apoio as ganderías de razas autóctonas galegas cunha nova convocatoria de axudas dirixida a criadores de razas bovinas, ovinas e caprinas en risco de erosión xenética

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases desta nova convocatoria, o programa Morenas, que contempla axudas para granxas que crían animais das razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá ou Vianesa, de Ovella Galega e de Cabra Galega.

O deputado Daniel García explicou que “ademais doutras problemáticas comúns ao sector, as ganderías destas razas autóctonas afrontan dificultades específicas polo reducido número de animais con estas características xenéticas e pola dispersión xeográfica das ganderías”.

O responsable de Rural destacou que “se trata na maioría dos casos de ganderías de pastoreo ou en extensivo, que contribúen á conservación do territorio e que producen alimentos cun gran valor engadido pola súa calidade e singularidade. O apoio a esta ganderías é unha prioridade para a área de Rural porque representan un modelo produtivo moi ligado ao territorio e polo tanto con capacidade para fixar poboación e manter o tecido social e económico das zonas rurais”, sinalou.

Poderán beneficiarse das axudas as ganderías da provincia que conten con femias de Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá ou Vianesa, nacidas na propia granxa no ano 2025 e inscritas no Libro Xenealóxico así como as ganderías con machos ou femias das razas Ovella Galega e Cabra Galega, igualmente nacidos na propia granxa en 2025 e inscritos no Libro Xenealóxico. As axudas son de 400 euros por femia, no caso das razas bovinas, e de 70 por animal, no caso do ovino e caprino.

O prazo de solicitude é de 10 días hábiles, dende o 21 de maio ata o 4 de xuño, ambos incluídos.Os formularios están dispoñibles na páxina web da Deputación, en Medio Rural e Mar (https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medio-rural/subvencions/morenas)

O programa Morenas encádrase no apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ás ganderías de razas autóctonas galegas, que inclúe tamén axudas á promoción e potenciación de Raza Rubia Galega, con achegas directas á recría. En total, a área dirixida por Daniel García destina 400.000 euros a estas convocatorias.

Ademais, Rural impulsa por segunda anualidade o programa de promoción de produtos de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto, que organiza degustacións en mercados, feiras gandeiras e celebracións populares con carnes de produtores locais.

MOCHILA ABELLEIRA

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) premiou o traballo realizado por alumnas e alumnos do CEIP A Anexa de Lugo para o certame Mochila Abelleira, unha actividade divulgativa que propoñía a creación dun relato curto e un mural colectivo sobre o mundo das abellas.

Esta mañá, persoal de AGA visitou o centro para parabenizalos polo traballo e comunicarlles os premios, unha viaxe ás palloza de Piornedo, unha cata de meles e un obradoiro de velas. A deputada de Cultura Iria Castro achegouse ao acto que se celebrou coincidindo co Dia Mundial das Abellas, que se celebra cada 20 de maio.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP esixe a Carmela López que aparte “de maneira fulminante” a José Tomé tras ratificarse a denuncia por acoso

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular esixiron á presidenta da Deputación, Carmela...

María Reigosa presidirá a Comisión de Urbanismo no Concello de Lugo sen votos en contra

O Concello de Lugo constituíu este xoves as diferentes comisións previas de pleno e...

O Concello de Lugo asina acordos para mercar terreos para a conexión da Intermodal coa cidade

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Cabarcos, informaron...