Home Economía Concentración dos celadores de Urxencias do HULA

Concentración dos celadores de Urxencias do HULA

0
Concentración dos celadores de Urxencias do HULA
Dúas persoas no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)

 

Os celadores do Servizo de Urxencias do HULA anuncian unha concentración para o mércores 18 ás 16:00 horas.

A protesta terá lugar diante do propio servizo, motivada polas carencias de medios humanos e materiais e despois de que a Dirección do HULA non solucionara este problema, que dificulta atender debidamente aos pacientes.

A concentración faise para reclamar medidas para un funcionamento mellor do HULA dentro do servizo de Urxencias. Declaran que isto “non é un momento puntual” senón que leva ocorrendo de xeito reiterado e prexudicando a atención ao paciente e sobre a saúde dos propios profesionais do servizo.

 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here