InicioEconomíaA Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

Revoga as autorizacións do proxecto situado entre A Pontenova, Riotorto e Meira e arquiva o expediente iniciado en 2004.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do parque eólico Fonseca (Pousadoiro-Fonseca fase II), emprazado nos concellos da Pontenova, Riotorto e Meira. Así figura na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) este martes, a cal asina a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, que arquiva o expediente.

A primeira solicitude de autorización administrativa do parque remóntase a 2004, nun procedemento que rexistrou diferentes autorizacións co paso dos anos. En  2017, a promotora comunicou o cambio de denominación social, de Gamesa Enerxía a Siemens Gamesa Renewable Energy Wind Farms. Xa en 2020, a compañía solicitou á Xunta que se declare a vixencia da declaración de impacto ambiental, pois entende que as obras de instalación xa foron iniciadas antes da lei 21/2013. Finalmente, a Xunta revoga en xaneiro de 2026 as autorizacións concedidas a esta compañía.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación de Lugo subliña que a igualdade “ten que ser o eixo” que marque calquera decisión

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, subliñou este...

A Deputación de Lugo adxudica por 300.000 euros obras en Adolfo Suárez e na estrada de Pantón

A Deputación de Lugo deu luz verde a dúas novas actuacións na rede viaria...

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...