Home Economía A Deputación celebra o acordo entre ACRUGA e Carne Vacún de Galicia

A Deputación celebra o acordo entre ACRUGA e Carne Vacún de Galicia

0
A Deputación celebra o acordo entre ACRUGA e Carne Vacún de Galicia

O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro, asistiu este xoves na Facultade de Veterinaria á sinatura do convenio de colaboración entre a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia (ACRUGA) e o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia.

Un acordo, asegurou o Deputado, que “supón un paso máis na modernización e no desenvolvemento do noso sector primario, a través do impulso á produción, promoción e comercialización da carne amparada baixo a marca Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Gallega, un produto de alta calidade que aporta un gran valor engadido”.

No acto, Iván Castro subliñou o apoio ao sector primario como unha liña de acción prioritaria para a Deputación con iniciativas como a Granxa Gayoso Castro, un centro público de referencia en Galicia, no que precisamente mantén unha liña de actividade de recría de Raza Rubia Galega en colaboración con ACRUGA para potenciar e apoiar ás explotacións gandeiras da provincia.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here