InicioEconomíaMonterroso, Guntín, Antas de Ulla, Palas de Rei, Portomarín e Taboada crean...

Monterroso, Guntín, Antas de Ulla, Palas de Rei, Portomarín e Taboada crean unha agrupación enerxética

Estes municipios prevén contratar a subministración de enerxía eléctrica para as dependencias, instalacións e iluminación pública mediante procedemento aberto suxeito á regulación harmonizada para un servizo de prestación obrigatoria para todos os municipios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os concellos lucenses de Monterroso, Guntín, Antas de Ulla, Palas de Rei, Portomarín e Taboada decidiron crear unha agrupación enerxética para beneficiarse das axudas do Inega. Monterroso celebrou este luns o pleno extraordinario relativo ao contrato de subministración de enerxía eléctrica para as dependencias, instalacións e iluminación pública dos municipios que integran a agrupación.

A Corporación deu luz verde por unanimidade á aprobación do expediente de contratación, aprobación dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán o contrato e que constan no expediente. Estes municipios prevén contratar a subministración de enerxía eléctrica para as dependencias, instalacións e iluminación pública mediante procedemento aberto suxeito á regulación harmonizada para un servizo de prestación obrigatoria para todos os municipios.

Previamente, estes seis concellos asinaron en xaneiro de 2024 un convenio de colaboración para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia para a planificación enerxética da agrupación enerxética de concellos para o ano en curso. A agrupación resultou beneficiaria por resolución do INEGA con data de marzo de 2024. Así, o INEGA concedeu unha axuda do 100 % para cada un dos concellos para elaborar un estudo estratéxico para a subministración enerxética de cada entidade local, onde se detectan as carencias da subministración, excesos ou defectos de potencia contratada, xeoreferenciación de persoais eléctricos, estudo de necesidades, así como as propostas de mellora.

Tendo en conta estes datos, a agrupación dos seis concellos sacará a licitación a subministración de enerxía eléctrica para todos en conxunto. Trátase, explican, “de licitar a subministración eléctrica en conxunto para conseguir unhas condicións máis vantaxosas”. No convenio de colaboración acordouse que o representante administrativo da agrupación enerxética de concellos fose o Concello de Guntín, tanto para os trámites da subvención, como da licitación de contratos enerxéticos.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home que deambulaba alterado cun coitelo con restos de sangue

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer o sucedido tras a...

Xulgan en Lugo un home ao que lle acharon máis de 16 quilos de cocaína e 9,5 de heroína

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 8 de setembro,...

Cortes durante case dúas semanas un tramo da estrada LU-P-2604 entre Xove e Valcarría

A Deputación de Lugo informou de que desde este luns, 7 de setembro, e...

A Deputación aproba case 400.000 euros para O Incio, A Ribeira de Piquín e o seu parque móbil

A Deputación de Lugo aprobou novos investimentos por preto de 400.000 euros destinados a...