InicioPolíticaMartínez e o PP manterán a Becerreá como a vila da Montaña...

Martínez e o PP manterán a Becerreá como a vila da Montaña co IBI máis alto

A proposta dos socialistas de equilibrar o tipo impositivo cos concellos limítrofes fracasa pola negativa dos independentes de Martínez e os populares

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Becerreá manterá o Imposto de Bens Inmobles (IBI) no 0,55 por cento, o máis alto da Montaña lucense. Os independentes de Manuel Martínez rexeitaron a proposta do Partido Socialista para equilibrar este gravamen co dos concellos limítrofes, no 0,4, umbral mínimo que marca a lei. O Partido Popular amagou con apoiar a medida para despois dar un voto negativo.

A proposición dos socialistas pasaba non só por rebaixar ata o 0,4 o tipo urbano, tamén indicaba unha bonificación do 95 por cento para os titulares de explotacións agrogandeiras. A voceira Ana Rubinos explicou que unha granxa cun valor catastral de 50.000 euros paga actualmente 275 euros anuais; mentres que coa desgravación solicitada, pasaría a pagar 200, dos que unicamente aboaría 10 euros trala bonificación.

Inicialmente, o grupo popular puxo como condición para o apoio un estudo económico sobre as contías que deixaría de recadar o Consistorio, definindo ademais que só os titulares de explotacións agrícolas poderían beneficiarse da bonificación adicional. Porén, na votación houbo un cambio de parecer e rexeitaron a proposta que o propio Partido Popular enmendara.

Martínez, acusado de “pouco democrático”

Manuel Martínez | Óscar Bernárdez
Manuel Martínez | Óscar Bernárdez

De calquera xeito, a bancada que lidera Martínez contaba con asentos abondo (7 de 11) para tumbar a iniciativa, que fora presentada para o pleno municipal de novembro. O alcalde decidiu suspender a convocatoria ordinaria, polo que houbo que agardar á sesión extraordinaria de decembro para debater a rebaixa no IBI.

A voceira socialista criticou que o alcalde non lle permitise realizar unha cuestión durante a fase de rogos e preguntas, incumprindo a normativa. O Partido Socialista ameaza con “tomar medidas” de continuar esta actitude.

Na actualidade, Becerreá é a localidade da contorna co maior tipo en IBI. O 0,55 da cabeceira da comarca dos Ancares contrasta co 0,4 de Pedrafita do Cebreiro, Navia de Suarna, Baleira e Triacastela, ou o 0,5 de Baralla, As Nogais e Cervantes.

Martínez queda sen os soldos millonarios pola marcha atrás do PP

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...