InicioEconomíaNavegación sen frenos: as rutas fluviais do Sil e Miño alcanzan os...

Navegación sen frenos: as rutas fluviais do Sil e Miño alcanzan os 30.000 viaxeiros

A Deputación de Lugo prevé que se alcance esta cifra ante o "exitoso" balance que deixa o verán, con máis de 21.000 viaxes xa realizados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

programa de rutas fluviais en catamarán polos ríos Miño e Sil superarán en decembro os 30.000 viaxeiros, segundo as estimacións da Deputación de Lugo, avanzadas polo deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, ao termo da reunión ordinaria da Xunta de Goberno da institución provincial.

Rivera, que cualificou como “exitoso” o balance estival dos paseos fluviais pola Ribeira Sacra, que suman ata o momento, entre a ruta que parte do embarcadoiro de Ponche do Sil, en Monforte de Lemos, e a ofertada desde o embarcadoiro de Belesar, entre O Saviñao e Chantada, “máis de 21.000 viaxes contabilizadas”, sinalou que existen 10.500 reservas máis realizadas xa para o que resta de tempada.

O que supoñen estas reservas é que superemos as 30.000 viaxes en catamarán, os 30.000 visitantes que van gozar este ano tanto do Cabo do Mundo como dos canóns do Sil e iso é algo que demostra que o turismo nesta provincia funciona e que se está facendo un gran labor en materia turística desde esta institución”, destacou.

En relación aos acordos alcanzados este venres na reunión ordinaria da Xunta de Goberno, o deputado de Promoción Económica e Social anunciou a adxudicación da renovación do contrato do servizo para a protección contra incendios dos edificios de titularidade provincial por valor de “máis de 100.000 euros“.

Tamén informou Pablo Rivera durante a súa comparecencia ante os medios da aprobación da convocatoria e das bases para a contratación dun enxeñeiro técnico de obras públicas para “profundar”, indicou, en “o servizo de vías e obras” e seguir traballando, finalizou, na “mellora das estradas provinciais”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...