InicioA UlloaPalas de ReiAltri sobre a súa planta en Palas: "non emitirá dioxinas nin será...

Altri sobre a súa planta en Palas: “non emitirá dioxinas nin será prexudicial para a saúde”

O colectivo ecoloxista Adega advertiu que a planta se convertería, de levarse a cabo, na fábrica de celulosa "máis contaminante" de España, segundo as conclusións da análise da documentación do proxecto feita polo biólogo e profesor da USC Ramón Varela

PUBLICADA O

- Advertisement -

Greenfiber, do grupo portugués Altri, defende que a planta de fibras téxtiles que proxecta en Palas de Rei “non emitirá dioxinas nin será prexudicial para a saúde”.

O pasado mércores, os colectivos SOS-Sanidade Pública, Plataforma Ulloa Viva e Santiso Vivo alertaron sobre o “problema que pode dar a nivel de saúde pública” a fábrica de Altri en Palas, entre o que citaron choiva aceda, efecto invernadoiro, contaminación de augas do río Ulla e da ría de Arousa, así como emisión de dioxinas que producen problemas respiratorios e diferentes tipos de cancros.

Así mesmo, este xoves, o colectivo ecoloxista Adega advertiu que a planta se convertería, de levarse a cabo, na fábrica de celulosa “máis contaminante” de España, segundo as conclusións da análise da documentación do proxecto feita polo biólogo e profesor da USC Ramón Varela.

En resposta, Greenfiber emitiu un comunicado no que o director de Operacións de Altri en España, Pedro Baptista, afirma que: “As dioxinas son sustancias químicas xeradas na combustión de produtos que teñen cloro en cantidades importantes na súa composición. Nunha fábrica como a nosa isto non sucede. E no proxecto GAMA non se vai a utilizar cloro, polo que é imposible a emisión de dioxinas. As informacións que alertan dun risco para a saúde están baseadas en información errónea, por tanto, son falsas”.

Con respecto ás emisións dos gases xerados no proceso de produción, Baptista sostén que “serán tratados antes de ser liberados á atmosfera”. “E este tratamento previo dos gases garante que, en todos estes parámetros, as concentracións están por baixo das esixidas nas mellores técnicas dispoñibles da comunidade europea (BREF)”. Indica que “a altura de 75 metros para a cheminea foi precisamente definida en base a un estudo de dispersión baseado en complexos modelos matemáticos que garanten a non afectación á saúde humana ou dos animais”.

Ademais, Greenfiber di que “se empregarán as máis avanzadas tecnoloxías que permitirán captar todos os gases olorosos para ser reutilizados no proceso de produción de enerxía, de modo que se garanta unha ausencia total de malos cheiros na contorna da planta”. Garante que “será o mellor exemplo europeo desta nova industria baseada na sustentabilidade, a innovación e a mellora continua”.

“Tal e como xa explicamos en ocasións anteriores, o proceso técnico da planta de Palas de Rei para fabricar fibras téxtiles e lyocell non é nin sequera comparable ao das antigas celulosas de pasta de papel. Non usaremos nin cloro nin lixivias, senón osíxeno e todos os gases olorosos serán reutilizados dentro da propia planta para producir enerxía, polo que será un centro con cheiros cero, tal e como sucede nas nosas plantas de Portugal. E, por suposto, sen ningún tipo de afectación á saúde das persoas”.

ÚLTIMAS

Penas de prisión inferiores a tres anos para os imputados na peza orixinal da ‘Operación Pokémon’

A Audiencia Provincial de Lugo acordou impor este luns penas de prisión inferiores ao tres anos...

Capturan nun edificio da rúa Río Navia un lagarto ocelado de 40 centímetros

Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo rescatou esta...

A Policía Local de Lugo detén a un home acusado de agredir e reter á súa parella

A Policía Local de Lugo detivo este fin de semana a un home acusado...

Un Xulgado de Lugo rexeita que o Consorcio deba indemnizar aos bombeiros por contratar efectivos durante a folga de 2023

O Xulgado do Social número 4 de Lugo rexeitou, tal e como solicitaban o...