InicioEconomíaTomé, en reunións con Altri e Ulloa Viva: "Fibras téxtiles si, celulosa...

Tomé, en reunións con Altri e Ulloa Viva: “Fibras téxtiles si, celulosa non”

Tamén pediu á Xunta que deseñe un "plan industrial" para Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé (PSdeG-PSOE), mantivo este martes dúas reunións con responsables da empresa portuguesa Altri e con membros da plataforma Ulloa Viva para trasladarlles a ambos de primeira man a súa postura sobre a planta que promove a compañía en Palas de Rei: “Fibras téxtiles si, celulosa tipo Ence non”.

O encontro cos directivos de Altri produciuse tras a petición da propia empresa a raíz do pronunciamento do pleno provincial en contra do seu proxecto industrial, cos votos da maioría do goberno (PSdeG e BNG). Así, José Tomé, xunto co deputado da área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse co CEO da empresa, José Soares de Pina, e o vicepresidente executivo, Carlos Vanzeller, dun lado; e con dous representantes de Ulloa Viva, Marta Gontá e José Adrián Gallero, que lle trasladaron os motivos do seu posicionamento contra a planta proxectada para Palas.

En ambos os casos, segundo informa a Deputación de Lugo, o presidente defendeu a necesidade de atraer industrias á provincia, “sobre todo no interior, porque iso supón a xeración de riqueza e de emprego e, por tanto, axuda a fixar poboación no territorio e frear a caída demográfica”. De feito, Tomé lembra que leva anos esixindo á Xunta, “que é a que ten as competencias” en industria, que faga un plan específico para Lugo “e para toda Galicia”, porque “a día de hoxe” o Goberno galego “non ten ningún plan industrial, nin bo, nin man, nin regular”.

Non entanto, o presidente da Deputación recalcou que a industria debe ser “respectuosa co medio ambiente, sustentable, que promova as enerxías limpas, que aproveite o potencial do territorio e déalle valor, non que o dane ou que prexudique a outros sectores produtivos que son capitais para a nosa economía e para a vida no rural”.

Por isto mesmo, aposta por unha fábrica que empregue fibras téxtiles e rexeita que o complexo poida contar cunha celulosa “tipo Ence”. Así mesmo, esixe á Xunta “máis claridade e menos partidismo” neste asunto. “Esperamos que emita todos os informes ambientais necesarios sobre o proxecto para fixar a nosa postura definitiva como institución e que se comprometa a vixiar que as actuacións se van a desenvolver de maneira respectuosa e cumprindo coa lexislación”, recalcou o mandatario socialista.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...