InicioEconomíaCC.OO. acusa á CIG de aceptar un convenio "por baixo do salario...

CC.OO. acusa á CIG de aceptar un convenio “por baixo do salario mínimo” para a limpeza na provincia de Lugo

O sindicato acusa á CIG de apoiar á postura da patronal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comisións Obreiras acusou á CIG de aceptar un convenio “por baixo do salario mínimo” para o sector da limpeza na provincia de Lugo. Tras a firma, ratificada en asemblea o pasado xoves, do acordo subscrito entre o sindicato nacionalista e a patronal co que se puxo fin a catro meses de folga, Comisións Obreiras emitiu un comunicado no que censura a “clara contradición da CIG”.

Sostén que o convenio asinado en Lugo “deixa por baixo do SMI do 2024 (15.876 euros brutos anuais) as categorías de persoas limpadoras e peóns especializados”.

CC.OO. di que o salario anual de limpador este ano “será máis de 800 euros inferior ao SMI” e que un peón limpador “cobrará 300 euros menos, en total 15.567,05 anuais”.

“Só naqueles casos en que teñan un ou dous trienios de antigüidade chegarán ao salario mínimo”, aseverou Comisións, que acusa á CIG de “apoiar a postura da patronal de diferir a aplicación deste incremento por medo a que as empresas non cumpran”.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...