InicioEconomíaA Xunta destinará 5,75 millóns de euros no próximo exercicio á estación...

A Xunta destinará 5,75 millóns de euros no próximo exercicio á estación intermodal de Lugo

Ethel Vázquez defende que son traballos para planificar "a conexión de Lugo a través da alta velocidade".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, defendeu este xoves en Lugo “a estabilidade e o rigor financeiro” dos orzamentos da Xunta para 2024 aprobados o mércores, “os máis altos da historia”, e anunciou que se destinarán “5,75 millóns de euros” da devandita partida orzamentaria para a estación de autobuses integrada dentro da estación intermodal da cidade.

O anuncio tivo lugar no marco da visita da conselleira ás obras do aparcadoiro disuasorio da Avenida Breogán, no barrio da Residencia, unha infraestrutura que, precisou, contará con “148 prazas de aparcadoiro” (catro para mobilidade reducida) e 5.700 metros cadrados de superficie videovixilada que entrará en funcionamento “o próximo ano”.

“O compromiso con Lugo está plasmado nos novos orzamentos”, manifestou Ethel Vázquez, para acto seguido desagregar os investimentos que ten previsto acometer a Xunta na capital lucense durante o próximo exercicio. Así mesmo, avanzou que se destinarán 700.000 euros para o Centro de Saúde da Milagrosa e “tamén un orzamento previsto para a estación de autobuses integrada na estación intermodal de 14 millóns de euros, 5,75 millóns da partida de 2024″, revelou.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, acompañada na supervisión das obras do aparcadoiro polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e pola alcaldesa da cidade, Lara Méndez; manifestou tamén o seu compromiso, en relación ao investimento na estación intermodal, de traballar para planificar “a conexión de Lugo a través da alta velocidade”.

ÚLTIMAS

José Tomé: “A elección de Miguel Fernández foi consensuada. Quedou asinada. Foi un proceso totalmente lucense”

Xa vexo que tes moitos papeis enriba da mesa. E iso?  (Ri) Depende de por...

O proxecto Renace de Lugo: buscando as claves da boa xenética dos centenarios galegos

O proxecto Renace (Rexistro Nacional de Centenarios de España), que se impulsa desde Lugo, estuda...

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o...

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...