InicioEconomíaA CIG denuncia os "servizos mínimos abusivos" ante a folga de Urbaser...

A CIG denuncia os “servizos mínimos abusivos” ante a folga de Urbaser en Vilalba

O representante da CIG-Servizos, Xosé Paz, sinalou que "en ningún sitio dise que, en plena folga indefinida, os servizos mínimos nunha feira teñen que ser do 120 % ou que nunha festa, como a prevista para este fin de semana, teñan que ser mesmo superiores que os dun fin de semana normal".

PUBLICADA O

- Advertisement -

CIG denunciou este xoves que Concello de Vilalba confirmou os “servizos mínimos abusivos decretados” ante a folga dos traballadores de Urbaser, algo que “vulnera o dereito a folga do persoal”, afirman. Por iso, a central sindical insta ao goberno municipal a que “medie con interese” no conflito e que “non se poña ao lado da empresa”.

Neste sentido, o representante da CIG-Servizos, Xosé Paz, sinalou que “en ningún sitio dise que, en plena folga indefinida, os servizos mínimos nunha feira teñen que ser do 120 % ou que nunha festa, como a prevista para este fin de semana, teñan que ser mesmo superiores que os dun fin de semana normal”.

Para Paz, os avances conseguidos coa empresa na reunión do pasado martes “foron insignificantes“, xa que Urbaser “négase sequera a falar de calquera posible subida para os anos 2021 e 2022, xusto nos que máis incremento sufriu o IPC e que só aceptaría para 2023 unha subida do 4 %; para 2024 do 3 % e doutro tanto para 2025”. “O único que aceptarían serían cuestións menores, como proporcionar botas de goretex no canto de botas normais, cando xa están obrigados a facelo, porque os equipos de traballo son EPIs”, destaca o representante sindical.

Os traballadores desta empresa, denuncia a CIG, “están a ingresar agora, nas súas nóminas, 300 euros menos que en 2011”, algo ao que “se lle suma o IPC, que estivo desbocado estes últimos anos”, polo que, “realmente, o persoal, hoxe en día, acumula unha perda de poder adquisitivo do 26-27 %”. Por iso, manteñen a folga indefinida iniciada a principios desta semana en demanda dun “convenio digno” e pola recuperación do poder adquisitivo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...