InicioEconomíaPersoal das factorías do Grupo Leite Río iniciarán mobilizacións para pedir melloras...

Persoal das factorías do Grupo Leite Río iniciarán mobilizacións para pedir melloras laborais

A xornada de folga prevista para ambas as factorías terá unha duración de catro horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG informou de que o vindeiro luns, 13 de marzo, ás 12,30 horas, persoal das factorías de Grupo Leite Río SA iniciarán mobilizacións pola mellora das condicións laborais.

Así, está prevista unha concentración do conxunto do persoal traballador no acceso da factoría Ceao 1, na avenida de Benigno Rivera, no polígono industrial de O Ceao ás 12,30 horas do luns. A duración estimada é de media hora.

A xornada de folga prevista para ambas as factorías terá unha duración de catro horas, desde as 12 ata as 16 horas. As mobilizacións están convocadas polo comité de empresa, con representación maioritaria da CIG e con presenza tamén de UGT.

Segundo explica a central nacionalista, o persoal de Leite Río leva “meses reclamando unha serie de melloras nas condicións laborais”, como consecuencia dunha “excesiva flexibilidade que demanda a empresa e que pretende implantar a ‘custo cero'”.

A pesar da calidade e investimento tecnolóxicas nas factorías desta empresa, así como o aposta prol produtos de alto valor engadido, “non existe a mesma dinámica no aspecto laboral, situándose estas factorías á cola doutras empresas do sector”, sinalan, tanto na retribución salarial como nos aspectos sociais.

Froito da falta de avances, nestes aspectos, a representación legal do persoal deu inicio ás mobilizacións, a partir deste luns, mediante paros intermitentes que terán continuidade nas próximas semanas.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...

Comeza o curso no Centro de Formación Audiovisual da Deputación cunha xornada de presentación

O Centro de Formación Audiovisual da Deputación iniciou este mércores o curso 2026-2027 cunha...

A Xunta licita a construción de 24 vivendas públicas na rúa Angelo Colocci de Lugo

A Xunta sacou este mércores a licitación por 4,3 millóns de euros as obras...