InicioEconomíaA patronal de Lugo e Xunta coinciden nas súas críticas ao Goberno...

A patronal de Lugo e Xunta coinciden nas súas críticas ao Goberno central

O empresariado esixe un "plan de emerxencias estratéxico" de infraestruturas para a provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) reivindica para a provincia “un plan de emerxencias estratéxico” a nivel de infraestruturas, despois da focha na estrada N-642, en Burela, e os problemas derivados do derrube do viaduto de Ou Castro na A-6, moi preto de Pedrafita do Cebreiro.

O secretario xeral da CEL, Jaime López, esgrimiu que “non se pode falar só de perdas nas empresas”, pois “á fin e ao cabo as perdas nas empresas significan perdas para a cidadanía”. Neste contexto, o dirixente da patronal lucense non esconde que “as administracións teñen que poñerse deberes, tanto unhas como outras porque aquí non hai cores políticas”.

É por iso que sinalou que “Lugo necesita un plan de emerxencias estratéxico” a nivel de infraestruturas. “Estamos sen ferrocarril, están a facerse obras importantes na súa mellora e na súa actualización pero é un proceso lento, as estradas están como están e somos a única provincia sen autoridade portuaria propia”, lamenta.

“Temos unha situación moi feble desde o punto de vista das infraestruturas, cunha situación que se complica tamén polos problemas climáticos que provoca que, nestes momentos, a provincia estea desconectada por todas as súas estradas“, razoa. Refírese a o ocorrido na Mariña, coa focha na estrada nacional 642, e fixo especial fincapé en “o fundamental” desta comarca para o PIB provincial.

López expresou que esa “é a única nacional” na costa por “non dispor dunha autovía que conecte con Ferrolterra, coa Coruña ou dando continuidade á autovía do Cantábrico”, protestou. “As empresas da Mariña teñen un trastorno fundamental co tema do transporte e os cidadáns en xeral porque non podemos esquecer que aí está o hospital de Burela”, advertiu.

Por parte da patronal de Lugo púxose de manifesto que: “É fundamental tomar medidas urxentes para potenciar ese equilibrio territorial que necesita a provincia porque por transporte somos un nexo de unión coa Meseta, e isto trae dificultades tamén a Galicia, non só a Lugo”.

A Xunta CENSURA O “LAMENTABLE” ESTADO

Tamén o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, afirmou que o “lamentable” estado das infraestruturas estatais “frea o progreso económico e social da provincia”. Arias xulgou que a derriba ocorrida na N-642 en Burela “completa o programa ruinoso dunhas comunicacións impropias deste século neste país”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...