A campaña extractiva da centola empeza este luns en toda a provincia

A cota máxima de captura é de 35 quilos por barco e día

Venda de marisco nunha cetaria galega, ostras, bois, e centolas / Arquivo E.P.

campaña extractiva da centola arrinca este luns na provincia de Lugo.

Dende o cabo Estaca de Bares ata o río Eo (incluída a ría de O Barqueiro), o inicio da actividade das distintas artes réxese polo establecido no decreto que regula en Galicia as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos.

A campaña prolongarase na provincia ata o inicio da veda do ano 2023, que se fixará a través do correspondente plan de xestión.

Nas provincias da Coruña (desde cabo Corrubedo e ata cabo Estaca de Bares) e Pontevedra (de cabo Corrubero á Guarda) a campaña xa arrincou o pasado 7 de novembro, data na que tamén se iniciou a do boi en todo o litoral de Galicia, incluída a costa lucense.

A cota máxima de captura destas especies é de 35 quilos por barco e día, á que se engaden 35 quilos ao día por tripulante a bordo. Poden participar todas as embarcacións de artes menores e con porto base en Galicia, así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.