InicioEconomíaO Presidente da Deputación salienta "o bo facer" do Grupo Lence

O Presidente da Deputación salienta “o bo facer” do Grupo Lence

O recoñecemento tivo lugar na entrega do III Premio Economía do Consello Galego de Economistas, un acto celebrado no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) o pasado xoves.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Lence vén de recibir o “Premio Economía 2022”, un galardón que outorga o Consello Galego de Economistas e recoñece a traxectoria e o labor empresarial da compañía.

No discurso de recollida do premio, a conselleira delegada da empresa, Carmen Lence, sinalou que lle facía “especial ilusión polo que representa este galardón; o recoñecemento ao labora levado a cabo por esta empresa no sector lácteo galego durante máis de 50 anos, fortalecendo o sector agroalimentario de Galicia, así como pola firme aposta pola innovación e a eficiencia”. Lence tamén tivo palabras de agradecemento por este recoñecemento ao Consello Galego de Economistas.

Pola súa banda, o mandatario provincial José Tomé Roca subliñou que “o bo facer” da compañía lucense que “leva sendo dende hai case medio século un factor capital para o desenvolvemento e o progreso da provincia de Lugo”. Así mesmo felicitou ao Grupo Lence e á súa conselleira delegada por este galardón: “o seu compromiso con Lugo, a súa aposta pola modernización e o seu apoio en cuestións sociais de todo tipo, nomeadamente no deporte, converten ó Grupo Lence nun exemplo e nun motivo de orgullo para todos e todas os lucenses”.

A gala contou ademais coa presencia da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Vázquez Taín; o decano do Colexio de Economistas de Lugo, Salustiano Velo Sabín, e o Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entre outras autoridades.

REFERENCIA AO SECTOR PRIMARIO

O presidente da Deputación de Lugo referiuse ao sector primario como eixo prioritario nas políticas públicas de apoio aos sectores produtivos que desenvolvemos na Deputación de Lugo. Nese senso dixo que “compartimos a filosofía do Grupo Lence, que, xunto co respecto á tradición e á nosa materia prima, leva tempo poñendo o acento na xeración de produtos e de elaboracións que crean valor engadido”.

Sinalou ademais que este é precisamente o gran reto para a provincia porque “contamos cunhas materias primas de primeiro nivel en sectores como o lácteo, o cárnico, a pesca ou a produción madeireira”, e necesitamos “procesos de diversificación e de transformación que aporten valor e que coloquen a nosa oferta nun novo nivel, que a fagan máis atractiva, en máis mercados e que provoquen un maior retorno económico”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...