InicioSucesosO peche do tráfico polo derrube da A-6 pode encarecer o transporte...

O peche do tráfico polo derrube da A-6 pode encarecer o transporte de peixe fresco do Porto da Coruña

A Cámara de Comercio da Coruña pide a "máxima celeridade" na reposición viaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, manifestou a súa preocupación polo peche do tráfico tras o derrube do viaduto dirección Madrid da A-6. Asegurou que “evidentemente” pode afectar o traslado de mercadorías desde o Porto da Coruña debido a que “atrasa o transporte” e “mesmo, nalgún momento, pode chegar a encarecelo”.

Tras informar de que a Xunta se puxo en contacto coa Autoridade Portuaria para consultar o grao de “afectación” desta incidencia, Fernández Prado explicou que o Porto da Coruña move “moitos camións” e os que van cara a Madrid “sobre todo” están vinculados á “pesca fresca que sae diariamente”. “É importante non incrementar prazos ao transporte para que chegue pronto á capital”, sentenciou.

“Non é un dato significativo para que a pesca escolla un porto ou outro, pero si vai atrasar o transporte e encarecelo un pouco máis”, sinalou, e fixo referencia a que A Coruña non ten “o problema das pezas grandes eólicas que moven en Ferrol”, onde se expón a posibilidade de que ese transporte se mova a outros portos.

“LASTRA A COMPETITIVIDADE DAS EMPRESAS”

A Cámara de Comercio da Coruña reclama a adopción de medidas “urxentes, eficientes e seguras” na reposición da conexión viaria, tras o derrube do viaduto de Pedrafita na A-6, “que está xa lastrando a competitividade das empresas do norte de Galicia nos seus tráficos mercantís terrestres con gran parte do resto de España”.

Respecto diso, pide centrarse “na apertura, coa máxima seguridade e celeridade, do viaduto xemelgo para permitir o tráfico de automóbiles e camións sen ter que abandonar a autovía, aínda que sexa coa provisionalidade e limitacións do dobre sentido de circulación”.

Por outro lado, esixen “realizar unha análise das causas que provocaron que nos atopemos ante esta situación, elaborar un proxecto técnico de execución dun novo viaduto e proceder á execución deste novo proxecto polo trámite de urxencia, acurtando os prazos o máximo posible”. “Igualmente, deben tomarse as medidas necesarias para garantir o adecuado mantemento en toda a rede infraestructural”.

Neste sentido, apunta que a actual situación é “insustentable e retrotráenos máis de dúas décadas na nosa conectividade, o que supón unha perda de tempo e un incremento de custos que mingua a competitividade das empresas do norte de Galicia”.

“Nesta situación, totalmente excepcional, deben adoptarse medidas igualmente excepcionais a nivel de esforzo, de orzamento e de contratación, para tentar que a normalidade viaria se recupere canto antes e se minimicen os danos que se están producindo”, engade nun comunicado.

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

Os GES toman Lugo para esixir recoñecemento laboral e ameazan con folga se non hai solución

Bombeiros dos corpos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) concentráronse este martes ante a...

O PP provincial acusa a Carmela López de manter “as imposicións” de Tomé sobre os traballadores de Tragsa

Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que Carmela López perdera hoxe “unha oportunidade...

A Xunta nega “colapso” no HULA e atribúe a morte de dous pacientes a súa situación “moi delicada”

A área sanitaria de Lugo desmentiu que o servizo de urxencias do Hospital Universitario...