InicioEconomíaLugo conta con 1.673 vivendas turísticas

Lugo conta con 1.673 vivendas turísticas

En toda Galicia son 12.695 vivendas.

PUBLICADA O

Galicia conta con 12.695 vivendas turísticas, de acordo cos datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística e con cifras relativas a febreiro. Así se recolle na estatística experimental que publica o INE e cuxo obxectivo é estimar o número de aloxamentos de vivenda turística que hai en España, así como a súa capacidade, para dar resposta á crecente demanda de información que hai sobre esta materia. Do total de vivendas turísticas, 4.981 están na provincia da Coruña; 1.673 na de Lugo e 5.370 na de Pontevedra. O resto, 671, concéntranse na de Ourense. A porcentaxe de vivendas turísticas sobre o total de vivendas censadas a data de 2011 é do 0,79% en Galicia. Por provincias, en Pontevedra, é do 1,1%, mentres que en Lugo é do 0,77%. De acordo coa información do INE, na de Lugo esta porcentaxe sitúase no 0,75%, mentres que na de Ourense é do 0,27%. Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...

A Xunta declara como proxecto industrial estratéxico a construción da planta de biometano no polígono do Ceao

O Consello da Xunta aprobou este luns a declaración como proxecto industrial estratéxico a construción dunha...

Incendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá...

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...