InicioSociedadeO sector da beleza volve saír á rúa en Lugo para pedir...

O sector da beleza volve saír á rúa en Lugo para pedir que se reduza o IVE ao 10%

Denuncian a situación de "afogo" atravesan e da que culpan ao PSOE porque "é o único grupo" do parlamento que se mostra en contra da rebaixa do IVE.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Uns 200 profesionais do sector da beleza na provincia de Lugo mobilizáronse ante a sede do PSOE lucense, na rúa Salmón da capital provincial, para despois partir en manifestación ata a Subdelegación do Goberno co fin de reclamar que se reduza o IVE ao 10 por cento.

Así, a principal reivindicación destes profesionais centrouse en que se reduza o IVE ao dez por cento, que se regrese a esa porcentaxe de antes da crise económica de 2008, cando era un oito por cento. Pancartas, algunhas profesionais portaban cadeas ao pescozo e mesmo cordas a modo de soga para mostrar a situación de “afogo” pola que atravesan e da que culpan ao PSOE porque “é o único grupo” do parlamento que se mostra en contra da rebaixa do IVE.

A presidenta da Plataforma, en Lugo, de imaxe persoal ‘Creer en nosotros’, Ángeles Salgueiro, xustificou que a manifestación saíu de “diante da sede” do PSOE, do mesmo xeito que “en toda España”. “O PSOE é o único partido que se nega a falar connosco ou darnos a restitución do noso IVE ao 10 por cento”, aclarou.

“É rechamante que de 25 partidos que hai (no Congreso) 24 nos apoien, incluso os socios de goberno, menos o PSOE. Chegou ao límite de que no Senado está aprobado por maioría e o PSOE vétanos antidemocrática e anticonstitucionalmente”, afeou.

Salgueiro puntualizou que en Lugo “ata hai dous anos” eran “uns oitocentos e pico e agora somos un 35 por cento menos”. “Hai compañeiros que están aquí que xa pecharon ou van pechar este mes. Está a caer en Lugo un 35 por cento (peches), tamén en Galicia e en España un corenta por cento”, detallou.

Outro aspecto do que se queixan radica na subida da enerxía. Respecto diso, indicaron que se pagaba nun “local pequeno sobre 400 euros de luz” e “agora a factura sobe dos mil euros”, estimou Salgueiro, que sinalou que o sector dá traballo a máis de mil persoas na provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

O centro “pioneiro” de Friol en atención a persoas de espectro autista abrirá a finais de 2026

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, avanzou que o centro integral...

O TSXG avala que H&M cambiase a cea de empresa de Nadal por un almorzo na súa tenda de Lugo

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou que a...

Ingresa en prisión un vilalbés acusado de malos tratos que se cambiou de xénero no rexistro para eludir a pena

Un vilalbés con varias causas por malos tratos e que cambiou de xénero no...

Comezan as obras de desdobre do último tramo da avenida Infanta Elena en Lugo

As obras que completarán o desdobre e humanización dos 2,7 quilómetros da Avenida Infanta...