InicioLugo e contornaLugoAs axudas do Goberno ao gasoil seguen sen chegar ao transporte lucense

As axudas do Goberno ao gasoil seguen sen chegar ao transporte lucense

Así o denuncia a plataforma Aetram, que asegura que volverán ás mobilización se non se aplica o desconto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da asociación empresarial de transportistas de Lugo Aetram, Diego Arias, alertou dun “forte incremento” do gasóleo nos últimos días, que lles levan a ter que pagar sobre case dous euros por litro. Así mesmo, Arias tamén lamenta que, “de momento”, non lles chegaron as axudas que comprometeu o Goberno central para a desconvocatoria do paro que mantivo tensionado ao sector durante case tres semanas.

“Cada vez que enchemos parece ser que nos van a devolver eses 36 céntimos a final de mes. Ata finais de mes non imos saber exactamente como van ser (esas axudas). Estamos nesa incerteza e aínda non sabemos nada”, critica. Tamén se queixou de que “as cousas están agora como antes”, mesmo peor dado que “o gasoil segue subindo, houbo uns días en que baixou algo, pero volve agora a roldar o litro os dous euros”. “Isto afóganos bastante”, advertiu o transportista lucense.

Diego Arias avisou, finalmente, que se segue coas reunións no sector “en toda España”. “Se non hai unha solución, está claro que imos volver a parar porque así non se pode traballar”, avisa. Sostieen que se segue traballando a perdas, dado que Aetram calcula que os custos por camión sitúanse entre 3.000 e 4.000 euros ao mes máis que antes desta crise.

ÚLTIMAS

TSXG declara nulo o ‘catastrazo’ de Sarria tras unha demanda colectiva

A Sección Cuarta do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou...

Detido un home por presuntas ameazas de morte contra a súa muller

A Policía Local de Lugo detivo por violencia de xénero a un home no...

A Deputación investirá máis de medio millón de euros en vías de Castroverde

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres novas investimentos por...