InicioLugo e contornaLugoPensionistas e xubilados de Lugo reclaman unha banca pública para frear o...

Pensionistas e xubilados de Lugo reclaman unha banca pública para frear o abandono do rural

Sosteñen que así se poderían compensar os "abusos" das entidades privadas sobre este segmento da poboación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Lugo, Julio Méndez, avogou este martes pola creación dunha Banca Pública para resolver os “abusos” que sofre este colectivo por parte da banca privada. Méndez valorou de forma “positiva” a alta participación na manifestación do luns, na que participaron centos de xubilados na cidade de Lugo, ante a oficina do BBVA, para protestar “polos abusos” da banca.

Así mesmo, cuestionou “se hai algunha causa que impida que en España se cre unha banca pública”, e fixo referencia “a algo que existiu hai bastantes anos e que era a Caixa Postal de Aforros”.”Nesa caixa case todo o mundo tiña unha conta, onde metían os seus aforros e facían as súas operacións. Iso funcionaba en todas as oficinas de Correos de España e iso poderíase reproducir para rebaixar o monopolio que teñen agora os bancos”, reflexionou.

Julio Méndez fixo fincapé en que isto axudaría “a frear o abandono” de oficinas bancarias que se esta producindo en todo o medio rural en Galicia. “En Galicia é terrible a situación na zona rural pola dispersión de núcleos de poboación, e o ideal sería reforzar Correos e chegar a todas as esquinas do país. Eu creo que non hai ningún inconveniente, é unha cuestión de decisión política nada máis”, concluíu.

Desde a Asociación de Pensionistas e Xubilados de Lugo non descartan volver mobilizarse ante tanto “agravio” por parte das oficinas bancarias, en canto a horarios e ao uso ao que ven obrigados “os maiores” das novas tecnoloxías para facer distintas operacións financeiras.

MARXINACIÓN FINANCEIRA

Por outra banda, a Federación de Banca da CIG denunciou este martes a “complicidade” do Goberno central coa “marxinación financeira” que padece parte da poboación, debido a un proceso de “dixitalización excluínte”. A central nacionalista denunciou que as entidades reciben “inxentes cantidades de diñeiro público” pero non garanten o acceso de todas as persoas aos seus servizos e ve “comprensible” as protestas dos usuarios.

Segundo a CIG, a situación é consecuencia, en primeiro lugar, da privatización das caixas de aforros. “Socializáronse as perdas e privatizáronse os beneficios, pondo o sistema financeiro en mans de especuladores que só buscan rendibilidade a curto prazo”, criticou, e engadiu que as “políticas nefastas de PP e PSOE” son a causa da situación actual.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....