InicioEconomíaAdxudicado o simulador avanzado para tráfico aéreo de Rozas por 13 millóns

Adxudicado o simulador avanzado para tráfico aéreo de Rozas por 13 millóns

As compañías beneficiarias son Boeing e Indra, que actualmente son socios industriais da Xunta no polo aeroportuario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O proxecto de simulación avanzada para a xestión do tráfico aéreo –tripulado e non tripulado– no aeródromo de Rozas, no municipio de Castro de Rei, adxudicouse por 12,75 millóns ás compañías Boeing e Indra, que actualmente son socios industriais da Xunta no polo aeroportuario.

Diso informou este martes o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, quen mantivo un encontro en Santiago co director xeral do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDGI), Javier Ponce.

Así, Conde subliña que é un “caso de éxito” nun dos primeiros fitos marcados para as actuacións do polo aeroespacial ata 2025 –con 70 millóns de investimento–. O proxecto, cuxa licitación foi lanzada polo CDTI o pasado mes de agosto, suporá a creación dunha infraestrutura de simulación avanzada para a xestión do tráfico aéreo O-Space.

Estas dúas compañías prestarán servizos de I+D para o desenvolvemento de solucións innovadoras, coa previsión de que en 16 meses, cara a mediados de 2023, o centro disporá desta infraestrutura pioneira.

Este equipamento converterá ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) nunha infraestrutura de soporte para o desenvolvemento de tecnoloxía e regulamentación, o que contribúe a ampliar o mercado de usos civís destes vehículos aéreos non tripulados e acelerar a xeración de actividade económica e industrial.

A Xunta lanzou a licitación para seleccionar novos socios estratéxicos que se queiran sumar ao polo aeroespacial. Cun orzamento de partida de 40 millóns, a previsión é asinar entre catro e oito acordos de asociación para desenvolver ao redor de 80 proxectos de I+D.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...