InicioSociedadeConcentración para evitar que "morra" o sector gandeiro de Lugo

Concentración para evitar que “morra” o sector gandeiro de Lugo

UU.AA. estima que "sobreviven" sobre 3.500 explotacións, con 20 ou máis vacas, o que supón máis da metade delas que operan en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, alertou do peche de “moitas explotacións” de vacas de carne, porque se dispararon os custos de produción e os prezos seguen “estancados” desde fai quince anos.

Así, fixo fincapé neste problema tras participar na primeira concentración convocada por este sindicato ante a Delegación da Xunta en Lugo co fin de concienciar á Administración autonómica de pór freo a esta tendencia “negativa”. García avisa de que “o risco na maioría delas (granxas de carne) é que se moven nuns ingresos anuais que non chegan ao Salario Mínimo Interprofesional” e, advirte, “se esta situación non se corrixe, moitas delas veranse abocadas a pechar”.

Na provincia de Lugo estima que “sobreviven” sobre 3.500 explotacións, con 20 ou máis vacas, o que supón máis da metade delas que operan en Galicia. Este dirixente agrario advertiu de que “aguantan por varias razóns; unha ten que ver cunha idade próxima á xubilación, con dificultades para reciclarse noutro tipo de actividade agraria e están tamén en zonas de montaña onde as alternativas laborais son escasas”.

“Non é tanto un problema de viabilidade económica, senón case de ausencia doutro tipo de alternativa e é por iso polo que seguen aguantando”, e non pechan, aseverou. “O risco non é que quedemos desabastecidos desta carne de calidade, é que é este tipo de explotacións xogan un papel determinante en manter abertas determinadas aldeas e pobos e sobre todo xogan un papel determinante na limpeza das zonas de montaña”, comentou.

Finalmente, sinalou que “no sector da carne sucedéronse tres crises seguidas; unha caída brutal do prezo durante a pandemia, como consecuencia do peche da hostalaría e baixada do turismo, uns prezos conxelados desde fai quince anos” e “agora súmaselle os custos de produción, co encarecemento da luz, dos pensos e dos abonos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...