InicioEconomíaFlor de Lis recibe melloras en saneamento, pavimento e instalación eléctrica

Flor de Lis recibe melloras en saneamento, pavimento e instalación eléctrica

O Concello de Lugo, co apoio da Deputación, reacondiciona as redes de abastecemento e drenaxe xunto con obras menores na mesma rúa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A veciñanza da rúa Flor de Lis conta con servizos renovados. Concello de Lugo e Deputación acondicionaron as redes de abastecemento e drenaxe, amais doutras obras de menor entidade. Está en proceso a última fase da intervención, o pavimentado. En total, a obra contou cun orzamento de 54.000 euros.

Estes avances foron supervisados pola rexedora Lara Méndez e mailo concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez. Ámbolos comprobaron in situ as tarefas de acondicionamento en Flor de Lis, no barrio da Abella, que constan de tres actuacións principais.

A primeira consistiu na substitución da tubería de abastecemento de PVC encolado por outra de fundición dúctil. Asemade renovouse a rede de saneamento, configurada cun colector executado en tubería lisa, e elementos complementarios tales coma pozos de formigón, sumidoiros e acometidas domiciliarias, xunto coa instalación de reixas para que a auga non entre nas casas do final da rúa, por temas de pendente. A terceira e derradeira das accións principais comprendeu a obra de soterramento da instalación do alumeado público.

De xeito complementario, os traballos en Flor de Lis inclúen a execución dun itinerario peonil, o pavimentado a base de formigón –dando continuidade así á rúa Oliveira– e a reparación do pavimento de calzada. Por outra banda, aproveitarase para renovar a sinalización horizontal e colocar sinalización vertical complementaria.

ÚLTIMAS

A Garda Civil alerta dun aumento de estafas con criptomonedas en Lugo, que suman 2,5 millóns

A Garda Civil detectou na provincia de Lugo un aumento de estafas por aparentes plataformas web...

Ana Miranda entrega un informe sobre Altri a Teresa Ribera para que coñeza “os argumentos en contra” da planta

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, entregou á candidata a vicepresidenta executiva da Comisión...

Valos publicitarios do PP contra o goberno de Lugo: “PSOE e BNG vanche subir os impostos para o seu malgasto”

O PP de Lugo colocou dous valos publicitarios co slogan "PSOE e BNG vanche...

Detidos dous homes por violencia de xénero en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do domingo a dous homes por violencia de xénero,...