InicioEconomíaO Consello Provincial de Turismo de Lugo integrará 26 asociacións

O Consello Provincial de Turismo de Lugo integrará 26 asociacións

O organismo consultivo de promoción do turismo impulsado pola Deputación procurará consenso e colaboración entre os axentes do eido

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno da Deputación prepara nestas datas a activación do Consello Provincial de Turismo, un órgano consultivo que reunirá aos principais axentes turísticos na preparación da inminente transformación do sector. Este apoio definitivo á iniciativa recollida nas liñas estratéxicas do executivo prodúcese logo da aprobación sen reclamacións do texto normativo, publicado no Boletín Oficial da Provincia o 5 de maio.

En primeiro lugar, a autoridade provincial procedeu a contactar coas entidades presentes no Consello, para que designen ás persoas representantes. A creación do ente era unha reclamación do sector, reiterada durante as mesas de traballo que deron lugar ao Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020).

Ao abeiro deste documento, o eido turístico lucense acadará novas cotas de rendibilidade e competitividade. Isto será posible a través da obtención de consensos para as actuacións de mellora e promoción do destino. Os diferentes axentes da cadea turística, un total de 26, artellarán compromisos conxuntos cos que transformar o sector, garantindo un modelo de negocio eficiente e respectuoso, en converxencia cos plans xa existentes por separado.

Dende este momento, as entidades convocadas no Consello Provincial contan ata o 14 de setembro para confirmar as súas delegacións. Entre as 26 institucións participantes atópanse, entre outras, a Universidade de Santiago de Compostela, a Federación Galega de Comercio, o Clúster de Turismo de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría, a Federación Galega de Turismo Rural, a Asociación Galega de Axencias de Viaxe, e representantes Auxilia e dos diversos grupos políticos.

Entre as directrices do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020), elaborado nun proceso participativo e aberto, establécense 4 eixes, 6 liñas estratéxicas, 14 plans de actuación e 71 accións a impulsar. Algunhas das actividades concretas, entre as que se atopa a creación deste Consello Provincial, compréndense un plan de sinalización vencellado ás novas tecnoloxías, mellorando a accesibilidade aos recursos turísticos da provincia, o impulso á organización de eventos relacionados coa gastronomía, fomento dunha rede de eventos culturais da provincia de Lugo, entre outras.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...