InicioEconomíaDenuncian que a empresa Surexport realiza "prácticas nefastas" e ten actitudes "racistas"...

Denuncian que a empresa Surexport realiza “prácticas nefastas” e ten actitudes “racistas” contra algúns traballadores

"Son xornadas laborais que exceden con moito o legal, horas extras non retribuídas e actitudes racistas sobre todo con persoas africanas" denuncian varios colectivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación Rural Galega, Adega, os sindicatos Comisións Obreiras e CIG, entre outras organizacións, exhibiron unha fronte común en Castro de Rei coa repartición de folletos informativos contra a empresa Surexport, que se dedica á produción de fresas, arandos, framboesas e amoras.

Varios membros de ditos colectivos concentráronse ás portas desta empresa clamando contra a “explotación e o espolio agroindustrial” e pedindo que saia “fóra” de Galicia.

Todas as organizacións que fan fronte a este grupo empresarial invocan “as prácticas nefastas que se concentran na contaminación de augas e chan vinculado ao seu modelo de produción agroindustrial, sustentado no emprego de abundantes produtos químicos, así como no acaparamento de terras agrarias”.

Por parte da Federación Rural Galega, o responsable de sectores agrarios, Gabriel López, centrouse nas condicións laborais con “presións constantes, ameazas de despedimento, incumprimento das condicións salariais ou escaseza de auga que dificulta ter unhas condicións hixiénico-sanitarias mínimas”.

Ademais, López denunciou “actitudes racistas” contra algún dos traballadores, tendo en conta que a maior parte dos contratados proceden do continente africano. “Son xornadas laborais que exceden con moito o legal, horas extras non retribuídas e actitudes racistas sobre todo a persoas africanas”, asegura.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...