InicioEconomíaO paro rexistra unha caída de case un 5% en Lugo en...

O paro rexistra unha caída de case un 5% en Lugo en xuño: 803 desempregados menos

O descenso anual en Galicia é de case 27.000 parados, un 14,6%, máis do dobre que no conxunto estatal (-6,43%).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos de desemprego deixan en Lugo unha caída do paro do 4,96% no mes de xuño, isto é, 803 persoas desempregadas menos. Deste xeito, a provincia suma un total de 15.382 parados. No conxunto de Galicia, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 7.588 desempregados en xuño en Galicia en relación con maio, un 4,59%, por encima da media (-4,4%), ata situar o total en 157.718, segundo os datos que publica este venres o Ministerio de Traballo e Economía SocialEn relación con xuño de 2020, son 26.936 persoas menos en paro, o que supón un descenso do 14,59%, que máis que duplica a diminución da media (-6,43%).

Nas demais provincias, Pontevedra anotou unha redución do desemprego do 5,25%, de modo que 3.364 persoas saíron das listas do paro e situaron o total en 60.704. En termos relativos o seguinte descenso foi da Coruña, do 4,42%, con 2.931 persoas menos no desemprego e un total de 63.432. Por último, en Ourense, que conta con 18.200 parados, son 490 menos que en maio, unha caída do 2,62%.

Por actividade económica, as 7.588 persoas menos en paro en xuño en Galicia distribúense entre as reducións que experimentaron agricultura (-264), industria (-717), construción (-439) e servizos (-6.249). Pola contra, subiu en 81 persoas o colectivo sen emprego anterior. En canto ao paro entre estranxeiros, que afecta a 10.860 persoas en Galicia, son 636 menos que o mes anterior (-5,53%) e 1.530 menos que o mesmo período do ano anterior (-12,35%).

Pola súa banda, as persoas demandantes de emprego alcanzan os 215.772, delas 28.973 ocupadas, 16.661 que indicaron na súa solicitude condiciones especiais de traballo e 170.138 non ocupadas. Estes últimos son 7.573 menos que en maio (-4,26) e 27.104 menos que en xuño de 2020 (-13,74%).

CONTRATOS

En canto aos contratos, 85.964, son 19.431 máis que en maio (+29,21%) e 31.550 máis que en xuño do ano pasado (+57,98%). Os indefinidos, 7.406, son 1.021 máis que en maio (+15,99%); mentres que os 78.558 temporais son 18.410 máis (+30,61%). No acumulado na comunidade, son 389.776 contratos, deles 42.338 indefinidos (o 10,86%) e 347.438 temporais (o 89,14%).

PRESTACIÓNS

Por último, as prestacións, con cifras correspondentes a maio (sempre levan un mes de atraso respecto das do paro), chegaron a 97.903 beneficiarios en Galicia. O gasto ascendeu a case 106,57 millóns, mentres a contía media da prestación contributiva percibida por beneficiario situouse en 833,2 euros.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, a baixada en 166.911 persoas en xuño (-4,4%) é o seu maior retroceso en calquera mes desde que hai rexistros. Ademais, é o segundo mes consecutivo no que o paro rexistra marca de descensos. En maio experimentouse a maior caída da serie, de 129.378 persoas, pero xuño superou esta cifra, ao achegarse a unha redución de 167.000 persoas.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...