InicioEconomíaA Deputación reivindicará as "oportunidades" do turismo "sustentable e de calidade" de...

A Deputación reivindicará as “oportunidades” do turismo “sustentable e de calidade” de Lugo tras a pandemia

Porá o foco no Camiño de Santiago como medio para coñecer "o patrimonio histórico, cultural, natural e gastronómico" da provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo reivindicará o turismo “sustentable e de calidade” co foco “nas oportunidades e fortalezas” que representa o Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia ante “a nova realidade transformada pola pandemia”.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentarán este xoves a campaña ‘Lugo, a provincia é o teu camiño‘ na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebra en Madrid nesta semana, segundo lembrou a institución provincial.

Deste xeito, José Tomei buscará pór en valor o modelo turístico da provincia, que se basea en “a sustentabilidade e a calidade” das iniciativas postas en marcha e que “ven revalidadas pola pandemia da covid-19”.

O acto terá lugar no expositor de Galicia en Fitur e contará coa participación do meteorólogo Martín Barreiro, que exerce como embaixador da provincia e protagoniza unha das pezas audiovisuais que se proxectará. Tamén asistirán a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a primeira tenente de alcalde de Monforte de Lemos, Gloria Prada.

O presidente da Deputación de Lugo detallou que mediante a feira búscase mostrar que a provincia “parte con vantaxe” e “con moitas oportunidades na nova realidade transformada pola pandemia”. “O noso modelo é claro e pasa por un turismo de valor engadido, sustentable, de experiencias, que pon en valor o patrimonio e que crea emprego vinculado ao medio rural”, explicou.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...

Case 400.000 euros para a mellora de estradas en Palas de Rei e A Pastoriza

A Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento de 373.028,38 euros para a...