InicioEconomíaOnce novas actuacións en Lugo no plan de pastos ademais de labores...

Once novas actuacións en Lugo no plan de pastos ademais de labores en 172 hectáreas

O programa de pastos é unha medida complementaria ao plan de prevención de incendios forestais articulado pola Administración autonómica, que incumbe a máis de 58.000 hectáres e uns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A segunda fase do plan de pastos da Xunta contempla once actuacións noutros tantos puntos da provincia de Lugo e labores que se desenvolverán en 172 hectáreas a través dun investimento de 732.000 euros.

Estas cifras foron repasadas polo conselleiro do Medio Rural, José González, na súa visita a un pasteiro acondicionado ao amparo deste programa no municipio lugués de Navia de Suarna.

En total, a provincia de Lugo terá 11 dos pastos proxectados na segunda fase do plan, que prevé traballos en 30 montes veciñais de 24 municipos de toda a Comunidade galega nos que se investirá uns 4 millóns de euros para actuar sobre 744 hectáreas.

O programa de pastos é unha medida complementaria ao plan de prevención de incendios forestais articulado pola Administración autonómica, que incumbe a máis de 58.000 hectáres e uns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación

Na súa visita a Navia, o conselleiro resaltou que este municipio lugués conta con tres pasteiros diferentes que, en conxunto, suman 33 hectáreas que recibirán un investimento de 130.000 euros.

BALANCE PRIMEIRA FASE

Así mesmo, González aproveitou para repasar as cifras que deixa a primeira fase do plan de pastos, que chegou a 560 hectáreas en toda Galicia a través de 2,3 millóns de euros.

Desta cantidade, 250.000 euros foron investidos en Lugo, onde foron acondicionados pasteiros en Navia, Samos, Sarria e Láncara ata chegar ás 74 hectáreas en total.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...