InicioEconomíaCheché Real, presidente da Apehl: "Poden pechar o 60 ou 70% dos...

Cheché Real, presidente da Apehl: “Poden pechar o 60 ou 70% dos bares de Galicia”

Os hostaleiros advirten sobre a situación "imposible" á que fai fronte o sector, ao que as axudas que lle chegan son "pobres".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, asegurou que “están a pechar moitos negocios” e que estes peches van ir en aumento. Así, estimou que “poden pechar o 60 ou 70%” dos bares de Galicia debido para os efectos das restricións pola pandemia da Covid-19.

Real volveu reivindicar que todas as administracións se “arremanguen” e “axuden” o sector. “Isto é unha ruína absoluta. É imposible aguantar un negocio desta maneira, e máis coa cantidade de traballadores que van a ir ao paro. É imposible”, lamentou o empresario lucense.

A continuación, Cheché Real esixiu que se “busque unha forma” de “condonar os créditos ICOs” e amparouse en que “se non se poden facer ingresos como se vai poder facer fronte ás débedas”. Das “pobres axudas” que recibiron, o presidente dos hostaleiros de Lugo puntualizou que apenas lles dá “para pagar algún imposto” que lles “obrigan a satisfacer as administracións”. “A situación é gravísima”, alertou.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...