InicioEconomíaEsta tempada a Deputación achegará 15.000 euros ao deporte de Cospeito

Esta tempada a Deputación achegará 15.000 euros ao deporte de Cospeito

O deputado de Deportes, Rivera Capón, mantivo unha xuntanza coa Sociedade Deportiva Muimenta e o Club de Tenis de Muimenta para coñecer de primeira man as necesidades dos clubs

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, mantivo este luns un encontro cos membros da Sociedade Deportiva Muimenta e do Club de Tenis de Muimenta. O Deputado aproveitou para coñecer de primeira man as necesidades destas entidades e informar dos investimentos do organismo provincial en materia de deportes no Concello de Cospeito.

Rivera Capón explicou que “dende o goberno da Deputación colaboramos cos diferentes clubs e entidades deportivas do municipio dentro da nosa aposta pola promoción do deporte base e dun estilo de vida saudable”. Así, ao longo deste ano a achega da autoridade provincial acadará os 15.500 euros para o impulso do deporte entre os veciños e veciñas deste concello chairego.

Deste total, 2.150 euros son para a celebración de tres eventos, 7.700 euros para sufragar os gastos da tempada dos cinco clubs desta localidade, e máis de 5.700 euros para o funcionamento das Escolas Deportivas.

Por outro lado, o representante provincial precisou que, nos dous últimos anos e medio,  a Deputación adicou máis de 15 millóns ao impulso do deporte no conxunto da provincia, “ofrecendo unhas 2.500 axudas a equipos profesionais e deporte base en todas as modalidades ou promovendo a actividade deportiva de máis de 200 entidades lucenses”.

7.700 euros para 5 clubs de Cospeito

O Goberno da Deputación achega 7.700 euros para axudar a sufragar os gastos derivados da actividade competitiva de 5 clubs de Cospeito. Estes son os seguintes: Club Sociedade Deportiva de Muimenta, Club Deportivo Cospeito, Club Tenis Muimenta, Agrupación Deportiva Veteranos de Cospeito e AD Matela.

2.150 euros para a organización de 3 eventos

O Executivo Provincial fixo posible a organización de 3 eventos deportivos na vila de Cospeito cunha achega de máis de 2.150 euros. Estes foron os seguintes: Campionato de fútbol sete da Asociación Veciñal Santalla de Sisoi, Open Hermo de Tenis do Club Tenis Muimenta e a Ruta BTT Lagoa de Cospeito do Club B.T.T. Lagoa de Cospeito.

Máis de 5.700 euros para Escolas Deportivas

O Goberno da Deputación fai posible con 5.721 euros o funcionamento das Escolas Deportivas de Cospeito, a través das que os nenos e nenas do municipio poden desfrutar de diferentes actividades extraescolares como fútbol, baloncesto, balonmán, ximnasia, etcétera, coas que aprender valores como a superación, o xogo en equipo, a colaboración ou o compañeirismo, ademais de hábitos e costumes de vida saudables.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...