InicioEconomíaUnhas 4.000 granxas aínda non saben se deben cambiar o seu modelo...

Unhas 4.000 granxas aínda non saben se deben cambiar o seu modelo de explotación en xaneiro

Unións Agrarias pide á Xunta claridade sobre os Fondos ao Desenvolvemento Rural, pois a falta de detalles sume na "incerteza e inquietude" a explotacións familiares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O sindicato Unións Agrarias (UU.AA) pídelle á Consellería do Medio Rural que “clarifique de inmediato o futuro das principais liñas de axuda ao Desenvolvemento Rural”, cofinanciadas con fondos europeos do FEADER, dado que en decembro expira formalmente o período de programación 2017-2020 do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia.

De feito, aínda que nos orzamentos da Xunta de Galicia existen a día de hoxe partidas para continuar co citado plan, aínda “se descoñecen os detalles” con respecto á “aplicación deses fondos para o ano 2021″, o que está a xerar “desconcerto e inquietude en moitas explotacións”, especialmente “nun ano que está a ser especialmente complicado no rural”.

Neste momento, afirma o sindicato, as “4.000 explotacións que teñen asociadas Medidas de Agroambiente e Clima non saben se a partir do 1 de xaneiro teñen que seguir co mesmo plan de explotación ou deben cambiar rutinas no manexo do gando”. O mesmo lles sucede ás “58 entidades técnicas que dan cobertura” a estas explotacións, porque “non saben se teñen que continuar co seu traballo con normalidade a partir do 1 de xaneiro ou teñen que proceder a algún tipo de axuste laboral temporal”.

Ademais, “tampouco está claro a día de hoxe se os orzamentos para a Medida de Agroambiente e Clima son unicamente para prorrogar compromisos actuais, que caducan a final de ano, ou se novas explotacións van ter a posibilidade de acceder a estes fondos”.

NA MONTAÑA

As axudas de Agroambiente e Clima suman un importe de 13,7 millóns de euros, un diñeiro que, segundo o sindicato, “perciben fundamentalmente explotacións gandeiras familiares de montaña”, que desempeñan un “insubstituíble papel na xestión de pastos”, ademais de “protexer o monte do lume”, pola súa función de “devasa natural”. Para esas explotacións, engade UU. AA, “supoñen unha importante renda”, polo que a Consellería debería saír “a informar de inmediato o sector” para “despexar dúbidas”.

Ademais, unha vez que o pasado 15 de decembro o Parlamento Europeo aprobou o Regulamento transitorio que permite a prórroga dos plans de Desenvolvemento Rural para os anos 2021 e 2022, o sindicato urxe á Xunta a que presente en Bruxelas a modificación do seu plan para “poñer en marcha as medidas prorrogadas”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación estende aglomerado no Corgo sobre o cinto comarcal de estradas

  A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana o estendido do aglomerado en...

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PP de Guitiriz leva aos tribunais á alcaldesa por suposta falsidade documental e cobro indebido de dietas nunha viaxe privada a Portugal

Os concelleiros do Partido Popular de Guitiriz presentaron unha denuncia contra a alcaldesa da...

O PPdeG propón unha declaración institucional para condenar a vandalización do busto de Manuel Fraga en Vilalba

O PPdeG enviou ao resto de grupos parlamentarios unha proposta de declaración institucional para...