InicioEconomíaOs hostaleiros critican que o plan de Nadal da Xunta non supón...

Os hostaleiros critican que o plan de Nadal da Xunta non supón “ningún alivio”

Agoiran que o primeiro trimestre do ano 2021 vai ser "caótico" logo de que as administracións fixaran "o punto de mira na hostalaría".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, criticou que o plan de Nadal deseñado pola Xunta “non” supoña “ningún alivio” para o sector.

Real lamenta que desde marzo se repita “a mesma tónica” que, segundo indica, pasa por que todos os obxectivos en canto a restricións e limitacións se centran na hostalaría. “Entendemos que a prioridade é a sanidade, pero o punto de mira téñeno posto na hostalaría”, protestou.

O representante dos hostaleiros avisa de que “se se abre moito a man para que haxa reunións nestas festas quen vai pagar despois todos os contaxios que vaia haber vai a ser o sector da hostalaría”. “Economicamente para a hostalaría segue sendo un pau tremendo, unha circunstancia caótica”, lamentou.

Cheché Real tamén apura á Xunta para a apertura “perimetral” da cidade de Lugo e avisa das consecuencias destes tipos de peches nos aloxamentos turísticos. “Con estes peches perimetrais, o aloxamento está a sufrir as consecuencias do confinamento, aínda sen estar expresamente pechado”, subliñou.

Real asegura que a situación é “inasumible para o sector do aloxamento, que pasa por momentos delicadísimos”. “Tan delicados que grandes cadeas, grandes hoteis están pechados e non teñen ningún tipo de ingreso”, incide. “En xeral o sector está nunhas circunstancias caóticas. O primeiro trimestre de 2021 vai ser caótico” para a hostalaría, augura o empresario lucense.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...