InicioEconomíaAbre para a circulación o primeiro tramo da autovía A-56 para unir...

Abre para a circulación o primeiro tramo da autovía A-56 para unir Lugo e Ourense

O secretario xeral de Infraestruturas do Minsiterio de Transportes declarou que "en Galicia, os proxectos van seguir adiante e, sobre todo, os feitos e o investimento".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Sergio Vázquez Torrón, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, participaron este mércores na apertura do primeiro tramo da autovía A-56 Lugo-Ourense, o que discorre entre A Barrela, en Lugo, e San Martiño.

Durante o acto, Vázquez Torrón recoñeceu “o traballo de todas as administracións” implicadas no proxecto desta autovía, iniciado hai 15 anos, e sinalou esta apertura como “un sinal” da relevancia que para o Goberno ten “todo o que representa a Galicia interior”.

“En Galicia, os proxectos van seguir adiante e, sobre todo, os feitos e o investimento”, declarou, en referencia ao investimento na rede viaria e, de forma paralela, á vinculada ao ferrocarril.

Pola súa banda, Javier Losada, que lembrou o “compromiso” deste ministerio con Galicia, destacou a importancia desta infraestrutura para a mellora da seguridade viaria e a vertebración interior da comunidade.

VERTEBRAR O INTERIOR

A autovía A-56, sensiblemente paralela á N-540 e ao Eixo Atlántico da AP-9, permitirá “cohesionar e vertebrar territorialmente a Galicia interior“, destaca o ministerio, canalizando parte dos tráficos con orixe ou destino cara a Portugal e ao sur de Galicia desde o corredor Cantábrico (A-8). Supón ademais, “unha importante mellora da accesibilidade á Rede de Autovías e Autoestradas para a Galicia interior, con problemas de regresión demográfica”, explicita o Goberno.

O tramo que se pon en servizo (A Barrela- San Martiño), permitirá conectar a través dos nós da Barrela e As Lamas coas estradas autonómicas LU-901 e OU-901 no límite das provincias de Lugo e Ourense, enlazando a A-56 co eixo de comunicación denominado ‘Eixo do Ribeiro’, cara a Cea, O Carballiño e a AG-53.

O tramo ten unha lonxitude total de 8,8 quilómetros, dos que 8,3 discorren pola provincia de Lugo. O investimento total foi de 54,8 millóns de euros (39 millóns correspondentes ás obras, 13,6 ás expropiacións e 2,2 millóns de euros ás asistencias técnicas de redacción de proxecto, control e vixilancia das obras, seguridade e saúde e medio ambiente).

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...