InicioEconomíaO Resurrection Fest enche os aloxamentos tamén na Terra Chá

O Resurrection Fest enche os aloxamentos tamén na Terra Chá

O festival de Viveiro atrae a 85.000 persoas de máis de 40 países, que rebasan a capacidade da vila, do campamento e procuran aloxamento na Terra Chá

PUBLICADA O

- Advertisement -

O impacto do Resurrection Fest sobrepasa os límites da Mariña. Atrae a 85.000 persoas de máis de 40 países, cun retorno económico de 13 millóns de euros, xerando uns 2.000 postos de traballo directos e indirectos. Estas cifras trasládanse inevitablemente ás zonas limítrofes, como é o caso da Terra Chá, que absorbe a demanda que a costa é incapaz de cubrir.

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, confirmou este éxito compartido na provincia. “Cónstame que en Vilalba hai hoteis cheos por este evento, que é case o máis importante que se celebra na provincia de Lugo”. “De feito, os hoteis da Mariña están cheos polo que os efectos do Resu se estenderon á Terra Chá. Por proximidade, tamén hai as hai en municipios da Coruña”.

Campos presumiu do feito de que foi a Deputación a primeira en crer no festival. A institución que preside segue a ser a administración que máis achega ao evento, con 130.000 euros. “Non é un gasto, é unha inversión”. “Deputación e Concello de Viveiro apostamos por este festival dende o primeiro momento, da man de Melchor Roel, non coma outros que se apuntan tras o seu éxito”.

“O Resu ten todo un recoñecemento mundial. É o mellor festival de rock de España e dos mellores de Europa”. Esta importancia trasládase aos postos de traballo que xera de xeito indirecto, con técnicos de producción, iluminación e son, persoal de seguridade, limpeza e atención ao público; e, por suposto, para bares, restaurantes e hoteis. Na Mariña, e tamén na Terra Chá.

“Coido que este festival repercute moi positivamente na economía da nosa provincia”, continuou Campos. “Ademais de ser un escaparate turístico de primeira, moita xente virá ao Resu e aproveitará para coñecer a nosa provincia, para mercar nos nosos comercios ou para desfrutar da nosa gastronomía, cultura, patrimonio e por suposto da beleza paisaxística única de Lugo”.

 

O Resurrection Fest

Resurrection Fest arrincou este mércores cunha festa de presentación que congregou a 12.000 persoas no recinto de Lavandeiras, en Celeiro. O aperitivo do festival ofreceu un cartel do máximo nivel, con bandas como MinistryPowerflo ou a presenza do ex vocalista da lendaria banda americana de punk rock Dead Kennedys.

Unha das grandes novidades foi a presenza do punto lila que o Concello de Viveiro habilitou coa colaboración da organización. A primeira xornada do festival saldouse sen ningún tipo de incidencias, segundo a organización.

Este xoves será a primeira das xornadas grandes do festival, coa apertura do programa ás 13.30 horas e a música de 31 bandas, entre as que destaca Ghost. O grupo sueco, que comezará o seu concerto ás 0.45 horas, ofrecerá en Celeiro a súa única actuación na Península Ibérica. O conxunto escandinavo quitou no pasado mes de xuño o seu último disco, ‘Prequelle‘.

Xusto antes, no mesmo Main Stage, tocará Stone Sour, outro dos reclamos da noite. A formación de Corey Taylor, cantante de Slipknot, comezará o seu recital ás 22.30. O veterano grupo estadounidense de trash metal Overkill ofrecerá outro dos concertos máis agardados da xornada, a partir das 19.00, antes do grupo punk Anti-Flag. Máis información nesta ligazón.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...