InicioEconomíaGandeiros lucenses súmanse á demanda colectiva contra o 'cártel' do leite

Gandeiros lucenses súmanse á demanda colectiva contra o ‘cártel’ do leite

A asociación Agromuralla asinou un acordo con Eskariam polo cal os seus asociados poden presentar reclamacións ata o 11 de maio. "É unha oportunidade a custo cero que non debemos desaproveitar" para recuperar o diñeiro perdido, segundo o presidente do colectivo, Roberto López.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A asociación Agromuralla, que agrupa uns catrocentos gandeiros das provincias de Lugo e A Coruña, pechou un acordo con Eskariam, unha empresa xurídica especializada no ámbito das demandas colectivas —con sede en Madrid—, para facilitarlle aos seus asociados a posibilidade de recuperar o diñeiro que perderían ante o ‘cártel’ das empresas do sector lácteo.

Lembra que tras o fallo da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) en xullo de 2019, quedou probado que “as empresas transformadoras de leite intercambiaron información, a nivel nacional e rexional”, sobre o prezo en orixe, volume de compra e excedentes entre os anos 2000 e 2013. Ese intercambio de información tivo “consecuencias insostibles para os gandeiros”, que “vendían a súa produción” a un prezo “cada vez menor”.

Como asociacións, cooperativas e afectados teñen ata o 11 de xullo deste ano como data límite para presentar a súa reclamación, Agromuralla asinou un acordo con esta entidade para que os seus asociados poidan demandar as empresas para recuperar o diñeiro perdido por mor desas prácticas.

O presidente de Agromuralla, Roberto López lembrou que os produtores sufriron “durante anos” prezos “baixos do leite, como consecuencia do acordo entre as empresas”, polo que agora teñen “dereito a recuperar ese diñeiro”, que é “froito do seu traballo”. “Trátase de cantidades importantes e, por iso, é unha oportunidade a custo cero que non debemos desaproveitar”, engadiu, polo que tamén animou aos gandeiros para “perder o medo e a reclamar”.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...