InicioEconomíaOs labregos contra as colas do supermercado: "Levámosche a cesta da compra...

Os labregos contra as colas do supermercado: “Levámosche a cesta da compra á casa”

"Outra economía e outro sistema é posible", reivindican os produtores locais dende as súas hortas. Nestes días están facendo un "sobreesforzo" para superar a prohibición dos mercados alimentarios e sortear esta crise a través doutras canles de venda.

PUBLICADA O

Por
- Advertisement -

Cos mercados alimentarios de proximidade pechados, aos produtores locais quédanlles poucas opcións para sortear esta crise sanitaria e económica. “Segue habendo colas ás oito da mañá nos supermercados“, denuncian, mais eles teñen prohibido vender os seus produtos ao aire libre. Nun contexto complexo, fan un “sobreesforzo” por achegar os produtos de proximidade ás familias e funcionar como un “servizo” máis: “Decidimos coordinarnos para repartir os alimentos polos domicilios”.

Así pois, baixo o lema “Levámosche a cesta da compra á casa”,Mercado de Alimento Labrego de Teo mudou a súa praza habitual pola venda ambulante. “As produtoras e produtores que temos alí os nosos postos queremos axudarvos a quedar na casa”, anunciaron hai uns días polas redes. “Permítese a venda por medios alternativos como a vía telefónica, o correo electrónico ou similares”. Deste xeito, uns dez labregos do Mercado de Teo embárcanse neste novo xeito de comercializar os seus produtos para adaptarse ás limitacións impostas pola normativa do estado de alarma.

A BOA ACOLLIDA DOS REPARTOS

Quique Bolo, un dos máis veteranos do Mercado de Teo, conta que a resposta da xente está sendo “importante” e só que nun sábado – o día que asignaron para o reparto – abasteceron entre 20 e 30 casas da contorna de Compostela. Polo momento andan “aprendendo” desta nova realidade e intentando coordinarse o mellor que poden entre todos eles. “Moita xente que está confinada nas súas casas chámanos, algunha dela coñecía o mercado pero nunca fora, outra si que o visitara, e outra nunca oíra falar del”, relata Quique, que nota certo aumento da demanda destes produtos.

Podes ler a reportaxe completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Opinión: O Dereito Internacional fronte á situación en Venezuela

O Dereito Internacional como ferramenta de Paz O mundo vira xa dúas Guerras Mundiais con...

Cae unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo tras días de choivas intensas e este luns comezará a reparación

Unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo, situado na rúa do Moucho...

Carmela López destaca o labor do Museo Comarcal da Fonsagrada, recoñecido co Butelo de Ouro

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este domingo xunto ao Alcalde...

Entrega Premios Empresarias de Galicia 2026 a cinco empresarias

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este venres en Santiago de...