InicioEconomíaO presidente dos hosteleiros de Lugo: "Moitos compañeiros non van poder remontar"

O presidente dos hosteleiros de Lugo: “Moitos compañeiros non van poder remontar”

Cheché Real lamenta a "tremenda" situación pola que está pasando o sector e di que "toda axuda será pouca".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, lamentou que “moitos compañeiros” do sector veranse obrigados a pechar de forma definitiva os seus negocios cando se levante o estado de alarma decretado polo Goberno de España para tratar de frear a expansión do coronavirus.

“Isto é penoso”, recoñeceu en declaracións a Efe. O difícil, unha vez superada a pandemia, será “a posta en marcha dos establecementos”, engadiu, porque “tal e como está a situación hai moitos compañeiros que non van poder remontar esta situación. Non poderán estar de novo connosco”.

“Tamén vemos a compañeiros que, con bágoas nos ollos, dinnos que nunca pensaron que se terían que ver nunha situación semellante, na obriga de dirixirse aos seus empregados para dicirlles que era imposible que conservasen o seu posto de traballo nestes momentos”. “Nunca”, insistiu, “despois de trinta ou corenta anos, tiveron que dirixir a eles para dicirlles que eran incapaces de facer fronte aos salarios do mes”.

Segundo Real, o que está a suceder no sector “é algo tremendo”. “Empezan a chegar axudas das subministradoras de gas, electricidade e mesmo das entidades bancarias. Veremos, porque seguramente toda axuda será pouca”, lamentou.

En todo caso, lembrou que agora “o máis importante neste momento é a saúde. Coidarse a un mesmo e aos demais. De nada nos valen todas estas cousas se nos enterran cos petos cheos. O primeiro é coidarse e seguir as indicacións das autoridades sanitarias”. EFE

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...