InicioEconomíaA Deputación acondiciona as principais conexións de Cervantes

A Deputación acondiciona as principais conexións de Cervantes

Estas actuacións son necesarias por mor do desgaste que sufrían ambas estradas, logo dun inverno no que as fortes precipitacións intensificaron o mal estado das vías

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo asumirá a rehabilitación das dúas estradas máis longas de Cervantes. Estas dúas vías resultan fundamentais para os veciños do municipio da Montaña, pois a LU-P-1401 conecta o Concello coa provincia de León, mentres que a LU-P-1402 une este municipio co de Navia de Suarna. Son actuacións necesarias para facer fronte ao desgaste que sufrían ambas estradas, especialmente despois dun inverno no que as fortes nevaradas e chuvias intensificaron o mal estado das vías.

En concreto, na LU-P-1401 as obras levaranse a cabo nos 5,5 primeiros quilómetros da estrada; mentres que na LU-P-1402, os traballos irán do quilómetro 1,8 ao 6,6 continuando coas labores de mantemento que xa comezaran o ano pasado no primeiro tramo.

Con estas obras o Goberno da Deputación dá resposta aos máis de 1.400 veciños de Cervantes que utilizan estas vías a diario e, especialmente, aos preto de 200 habitantes dos núcleos rurais de San Martiño da Ribeira, Quindous e Vilaquinte.

Cómpre subliñar ademais, que estas dúas vías teñen un maior tránsito durante a época invernal, pois son vías moi transitadas polos turistas xa que levan a Piornedo. Os traballos consistirán na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, sinalización horizontal e vertical, e repintado.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...