InicioEconomíaDerradeiros traballos no cinto de estradas de Pol

Derradeiros traballos no cinto de estradas de Pol

A Deputación destina 243.000 euros para rematar a mellora nas conexións entre Castroverde e Castro de Rei ao seu paso polo concello de Pol

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, supervisaron o inicio dos derradeiros traballos que se están a executar na LU-P-1611, o coñecido como cinto comarcal, e que contan cun orzamento da Deputación de 243.000 euros.

Campos Conde destacou que “a través destas obras de remodelación integral do firme da vía melloraremos o día a día de milleiros de veciños, pois son actuacións das que se benefician de xeito directo, aos máis de 1.000 veciños da zona, así como a centos de usuarios que empregan esta vía que dá acceso a Castro de Rei e Castroverde. É acceso á N-640. Ademais, é a vía principal que conecta varios núcleos rurais do municipio como Mosteiro, Luaces e Hermunde con núcleo urbano de Pol”.

Rodríguez Ónega agradeceu este investimento da Deputación no municipio “na que é unha das arterias de comunicación máis importantes para a zona, pois atravesa o Concello e conecta coas localidades veciñas de Castro de Rei e Cervantes”. Nestes sento, o rexedor destacou a “constante colaboración do organismo provincial na mellora de infraestruturas na provincia, especialmente no rural, o que nos permite ofrecer aos veciños do noso Concello dotacións públicas de calidade”. 

Os traballos, que rematarán previsiblemente a vindeira semana, consisten na remodelación integral do firme desta vía, nun treito de case 5 quilómetros, comprendidos entre os puntos quilométricos 99,500 e o 104,000. As actuacións específicas que se están a realizar nesta vía son a rexeneración do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, e incremento da seguridade coa instalación de sinalización horizontal e vertical. Acadouse tamén unha mellora de obra, o que permite acondicionar, sen custe algún para as arcas provinciais, o firme dun treito de case 500 metros máis.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...