InicioEconomíaRemata a rehabilitación do vial entre Friol e Guitiriz

Remata a rehabilitación do vial entre Friol e Guitiriz

O investimento de 1,1 millón de euros permitiu o arranxo de 19 quilómetros desta vía, que empregan acotío 10.000 veciños, une Friol e Guitiriz, conecta 10 parroquias e dá acceso desta zona á A-6

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, supervisou o remate das obras de rehabilitación integral que o Goberno da Deputación financiou con 1.116.000 euros na estrada LU-P-2101, de Friol a Parga. Santos Ramos destacou que “dende o Goberno da Deputación cumprimos cos veciños e melloramos integralmente esta estrada, que dá servizo a unha media de 10.000 usuarios, pois conecta Parga, Santa Lacaia de Parga, Seixón, Transmonde, Bra, Carlin, Roimil, Lea, Lamas ou Madelos. Ademais, une os Concellos de Friol e Parga e dá acceso aos veciños desta zona á A-6”.

“Coa realización destas obras, o que buscamos é mellorar as infraestruturas públicas das que dispoñen os nosos veciños, co fin de fixar poboación e facilitar o asentamento empresarial no Concello, reivindicando e impulsando a vida no rural da provincia”, destacou. Son actuacións coas que damos resposta a unha demanda histórica de todos os veciños da zona, ao mellorar esta arteria de comunicación fundamental para a Comarca da Terra Cha”, subliñou Santos Ramos.

Os traballos executados na LU-P-2101 consistiron na remodelación integral de case 20 quilómetros, nos que se acondicionou o firme con aglomerado en quente, incrementouse a seguridade coa instalación de sinalización horizontal e vertical, e limpáronse as cunetas. O investimento de 1,1 millóns de euros da Deputación nesta estrada dividiuse en varias fases; a derradeira contou cunha achega de case 130.000 euros, o que permitiu acondicionar o derradeiro treito de 3 quilómetros da estrada que une Friol con Parga, completando así os 19 quilómetros desta vía.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...