InicioEconomíaLugo é a provincia cos prezos de aluguer máis baixos en España

Lugo é a provincia cos prezos de aluguer máis baixos en España

O prezo medio do aluguer en Galicia é 256 euros menos que a media estatal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O prezo do aluguer en Galicia alcanza de media os 418 euros ao mes, unha cantidade que é inferior en 256 euros á media en España (674 euros), segundo o Observatorio de Vivenda e Chan publicado este xoves polo Ministerio de Fomento. Así mesmo, Lugo é a provincia cos prezos máis baixos (336 euros). No outro extremo atópanse Madrid (819 euros) e Barcelona (769 euros). Ourense é a terceira con tarifas máis baixas (384 euros).

Por conseguinte, os prezos de aluguer máis baixos por metro cadrado atópanse en Lugo (3,5 euros de media), Teruel (4 euros por metro cadrado), Ourense (4,1 euros), León (4,2 euros) e Soria e Castelló (4,3 euros por metro cadrado).

Existen diferenzas coas provincias occidentais galegas, onde A Coruña alcanza os 426 euros e Pontevedra chega a 439 euros, segundo os datos de Fomento. A superficie media alugada rolda os 100 euros en Galicia.

Este informe inclúe por primeira vez datos sobre os depósitos de fianza das comunidades autónomas, é dicir, sobre a cantidade que abona o inquilino en concepto de fianza polo aluguer dun piso e que equivale a un mes de arrendamento. Segundo Fomento, iso permite ofrecer unha aproximación á renda media do aluguer e a superficie media da vivenda.

Os datos recollidos por Fomento constatan que o aluguer é lixeiramente máis barato que o que reflicten habitualmente as estatísticas dos portais inmobiliarios Fotocasa e Idealista.

En concreto, de acordo cos datos de fianzas autonómicas, o prezo medio dun aluguer en España, para un piso de case 96 metros cadrados, é de 8,1 euros por metro cadrado, fronte aos 8,3 euros do prezo medio de oferta de Fotocasa e os 10,4 euros de Idealista.

No informe recóllense datos de dez comunidades autónomas e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Fomento constata neste informe que Madrid, Cataluña, País Vasco e Baleares son as comunidades autónomas onde máis caro resulta alugar unha vivenda, mentres que Galicia e Castela e León son as máis baratas.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...