InicioEconomíaPonse en marcha o proxecto da nova estación ferroviaria de Lugo

Ponse en marcha o proxecto da nova estación ferroviaria de Lugo

O delegado da Xunta considera que é un "paso importante" pero lamenta que "chegue tarde".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Adif adxudicou a redacción do proxecto da nova estación ferroviaria de Lugo e do aparcadoiro subterráneo de vehículos, que suporá un investimento superior aos 779.000 euros.

Diso informou o Ministerio de Fomento nun comunicado, no que explica que este proxecto vai ligado ás futuras estacións de tren e autobús no marco da nova área de transporte intermodal deseñada para a cidade.

En concreto, o novo plan inclúe tamén un paso inferior entre as plataformas da estación ferroviaria, de uso exclusivo para os usuarios do tren; outro paso inferior peonil de uso libre, que conectará ambos os lados da canle ferroviaria; así como a urbanización e integración urbana de toda a actuación.

Adif explicou que o contrato de servizos foi adxudicado á UTE formada polas empresas INES Enxeñeiros consultores e L35 Arquitectos por importe de 779.745,57 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 15 meses.

Deste xeito, destacou que se cumpre o compromiso de proceder á contratación deste proxecto, expresado polo ministro de Fomento, José Luís Ábalos, e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, durante a presentación do anteproxecto da intermodal o pasado 4 de marzo.

REACCIÓN DA XUNTA

Respecto diso, o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, deu este martes a “benvida” á adxudicación, que cualificou como un “paso importante” que se dá “para a cidade de Lugo”, aínda que considerou que “chega tarde”.

“Eu xa dixen que a intermodal leva atraso en relación a outras cidades de Galicia, que nestes momentos téñenas en obras, como pode ser Santiago ou Ourense”, sinalou Balseiro, que celebrou que se desbloquee “algo que podía estar desbloqueado”.

Por iso, confiou en “poder asinar ese convenio que a Xunta remitiu tanto a ADIF como ao Concello de Lugo” tendo en conta que, conforme sinalou”, “é fundamental para levar a cabo esas obras adiante”.

Ademais, Balseiro puntualizou que a intención de “a Xunta de Galicia é levar adiante as obras” e lembrou que o que lle corresponde á Xunta é a estación de autobuses, mentres que Adif faría “todo o que ten que ver co ferrocarril e o Concello encargaríase dos accesos”.

“Creo que é unha infraestrutura necesaria para Lugo, Lugo non pode quedar á marxe do resto das cidades de Galicia pero aí si que lles pedimos ao Concello de Lugo como a ADIF axilidade para que tamén o fagamos ao mesmo tempo que no resto das cidades”, apuntou.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...