InicioEconomíaSó o 11% das novas empresas constituídas en Galicia en agosto son...

Só o 11% das novas empresas constituídas en Galicia en agosto son de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A creación de empresas baixou un 20,4% en agosto en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, ata 195 sociedades mercantís; mentres as disolucións caeron un 34,85%, ata 43, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Como en meses precedentes, en agosto as provincias da Coruña e Pontevedra rexistraron o maior número de constitucións, co 46,67% das sociedades mercantís creadas no primeiro caso e o 37,44% no segundo. O 10,77% das novas empresas constituídas fixou a súa sede na provincia de Lugo e o outro 5,13% na provincia de Ourense.

Deste xeito, en agosto, constituíronse en Galicia 195 sociedades mercantís, 94 menos que no mes anterior e 50 menos que no igual período de 2018. O capital medio subscrito ascendeu a uns 390.000 euros por sociedade.

O 26,67% das empresas creadas en agosto pertencen á rama do comercio. As seguintes actividades en importancia son a construción (14,87%), as actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (12,31%) e a hostalaría (10,26%). Toda a información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación e a FEGAMP alertan da “presión” da Xunta sobre os concellos coa nova lei local

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, recibiu este martes ao Presidente da...

O alcalde de Lugo nega crise tras a marcha de Reigosa: “Seguimos traballando”

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, quitou relevancia este martes á situación na que...

O PPdeG sobre a reclamación do BNG á Xunta do memorando de Altri: “Estiran o chicle por interese”

O Grupo Popular tombou unha moción do BNG que reclamaba, entre outras cousas, instar...

María Reigosa pasa a ser concelleira non adscrita e deixa en minoría o goberno local de Lugo

A edil de Lugo María Reigosa comunicou este luns a súa decisión de abandonar...