InicioEconomíaO sector pide "desestacionalizar" o turismo en Lugo

O sector pide “desestacionalizar” o turismo en Lugo

A zona de Lugo con maior número de visitantes neste verán foi a Ribeira Sacra, onde a ocupación hostaleira rozou o 95%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pesar dos bos resultados de ocupación hostaleira en Lugo durante os meses de verán, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo (APEHL), Cheché Real, recoñece que o sector ten aínda por diante unha materia pendente, que consiste en “desestacionalizar” o turismo, para que esas boas cifras se repitan  “na primavera, outono e inverno”.

Real precisou que a ocupación media durante o mes de agosto, que superou o 88%, mantense “na mesma tendencia ascendente dos últimos sete ou oito anos”, pero tamén recoñeceu que “o que fai falta é consolidar ese turismo” en “outras épocas do ano”.

Para iso, recoñeceu que o “rol” da administración públicas, “tanto da Xunta de Galicia, como da Deputación Provincial e dos propios concellos” será fundamental “para seguir promocionando” e dando a coñecer os recursos da provincia de Lugo”, pero tamén o papel doutros colectivos, como o dos clubs deportivos, que tamén “fan un gran labor”.

A zona de Lugo con maior número de visitantes neste verán foi a Ribeira Sacra, onde a ocupación hostaleira rozou o 95%.

Real afirma, en declaracións a EFE, que a Ribeira Sacra “está de moda” e iso débese “aos motivos que todos coñecemos”, polo seu gran patrimonio cultural, histórico, artístico e natural, pero tamén á difusión que conseguiu nos “medios de comunicación”, o que propiciou a chegada de xente importante” e, consecuentemente, maior publicidade.

“Supuxo un impulso grandísimo ao territorio”, dixo Real, quen opina que conseguir a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade sería “un pelotazo tremendo” para a provincia

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...