InicioEconomíaCrece espectacularmente o turismo en Lugo en xuño

Crece espectacularmente o turismo en Lugo en xuño

Aumentou un 24,5% con respecto ao ano pasado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo foi a provincia galega que máis creceu en ocupación hoteleira no pasado mes de xuño. Así, os viaxeiros aloxados nos hoteis galegos aumentaron un 7,88%, ata os 459.911 usuarios, 33.604 máis que en xuño de 2018. Pero en Lugo, esa suba foi dun 24,5%.

Así o evidencian os datos feitos públicos este martes pola Enquisa de Ocupación Hoteleira do Instituto Nacional de Estatística (INE), que reflicten que a maior parte destes viaxeiros, 290.809, eran procedentes de España, mentres que 169.102 eran estranxeiros.

Por provincias, o incremento porcentual máis elevando rexistrouse en Lugo, que acolleu en xuño a 76.070 viaxeiros, un 24,5% máis que hai un ano. A continuación sitúanse Pontevedra, onde a cifra creceu un 10,5%, ata os 152.743 viaxeiros; Ourense, cun incremento do 4,47%, ata 30.200; e A Coruña, onde se aloxaron 200.898 turistas, un 1,42% máis que hai un ano.

En canto ás pernoctacións, a nivel galego rexistráronse 866.936, 53.743 máis que hai un ano, o que implica un aumento do 6,6%. Así, a estancia media diminuíu levemente, ata 1,89 días e a ocupación situouse no 42% das prazas (49% en caso dos fins de semana).

PREZOS

No relativo aos prezos, o INE indica que, de forma global, incrementáronse en xuño en Galicia un 4,17%.

En xuño, os hoteis galegos contaron cun ingreso medio de 27,45 euros por habitación dispoñible (un 9,26% máis que hai un ano) e de 58,30 euros por habitación ocupada (un 3,7% máis).

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...