InicioEconomíaAcordo para crear un sector do leite galego máis competitivo e con...

Acordo para crear un sector do leite galego máis competitivo e con máis estabilidade no mercado

Inlac e Cetal colaborarán para potenciar o coñecemento, transparencia e visibilidade do sector lácteo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (Cetal) e a Organización Interprofesional Láctea (Inlac) asinaron un convenio xeral de colaboración que ten como obxectivo principal “guiar as actuacións e relacións de colaboración” entre as dúas entidades para potenciar o coñecemento, transparencia e visibilidade do sector lácteo.

Segundo informaron as entidades implicadas, un dos seus “fins prioritarios” céntrase en “potenciar o coñecemento, transparencia, valoración e visibilidade do sector lácteo como colectivo integrado”, así como dos produtos lácteos e dos mercados en que se comercializan.

Ademais, o convenio propón, destacaron, “identificar e aplicar solucións técnicas e tecnolóxicas” para atender as “necesidades prioritarias do sector”.

Respecto diso, inclúen a “necesidade de evolucionar cara a un novo modelo sectorial máis competitivo, incrementar o valor engadido dos produtos lácteos, buscar a estabilidade dos mercados e o equilibrio da cadea de valor, recuperar cotas de mercado para os produtos lácteos e valorizar e defender a imaxe do sector lácteo e dos seus produtos”, detallaron.

Deste xeito, identifican “cinco áreas prioritarias de colaboración”, sinalaron, no sistema de información sectorial, na recuperación dos mercados lácteos, en proxectos de I+D+i, no sistema de contratos lácteos e no sistema de extensión de norma.

En representación de Inlac asistiu á firma do convenio o seu vicepresidente Xosé Manuel López Tellado e en representación da Fundación Cetal, o seu director xeral, Javier Bueno Lema.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...