InicioEconomíaA distribuidora eléctrica Viesgo obtivo "unha marca histórica" de beneficios

A distribuidora eléctrica Viesgo obtivo “unha marca histórica” de beneficios

A súa filia Begasa anuncia 24 millóns de beneficios e investimentos de 50 millóns na provincia de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Viesgo anunciou que o plan industrial da súa filial Begasa para a Comunidade Autónoma, concretamente para o período 2019-2021, prevé un investimento de 50,7 millóns de euros, fundamentalmente na provincia de Lugo, para “brindar un servizo aínda mellor aos seus máis de 170.000 puntos de subministración”.

En concreto, a empresa ten previstas diversas actuacións en alta tensión na zona Boimente e na liña desde Ludrio até O Ceao, así como a instalación dunha nova conexión entre Ludrio e San Cibrao, “para incrementar a garantía de subministración” a Lugo capital. Ademais, tamén se realizarán modificacións nas subestacións de Ludrio e San Cibrao para conectar esa nova liña.

Por outra banda, a compañía anunciou que continúa co desenvolvemento do “plan de automatización da rede de media tensión, co obxectivo de incrementar a fiabilidade e a eficiencia” da mesma en toda a zona de distribución.

BENEFICIOS

A Xunta Xeral de Accionistas de Begasa -empresa participada nun 99,93% por Viesgo- reuniuse este mércores na cidade de Lugo e aprobou o informe de resultados correspondente a 2018. Begasa obtivo un beneficio neto de 24 millóns no pasado exercicio, grazas “aos plans de eficiencia desenvolvidos pola compañía”, segundo informou a propia empresa.

A mellora realizada nas súas infraestruturas tamén lle permitiu alcanzar “unha nova marca histórica” en Galicia por “segundo ano consecutivo”, cun tempo de interrupción da subministración eléctrica (TIEPI) de 46 minutos en 2018, “un 20% mellor que a media nacional”.

O presidente de Begasa e da súa empresa matriz -Viesgo-, Miguel Antoñanzas, destacou que estes datos son froito de “o investimento constante na innovación, a dixitalización e optimización dos procesos que Viesgo leva a cabo de maneira continuada na súa rede de distribución”

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...